Colamos da web da Campaña:
Sempre estarei disposto a dar consellos e a propoñer métodos de traballos e estratexias que tomar como o que conseguimos cos Apoios Xurídicos en moitos cárceres onde hai vontade e participación nas loitas. Apoio Xurídico que tivo os seus fallos, que non sempre funciona e cando o fai ás veces é tarde (como me dicía un compañeiro)... pero... quen non ten fallos na vida?
De cando en vez vendo que se torcen as cousas dou ánimos ao persoal, xa te terás decatado cos meus escritos de propostas de recollida de fondos económicos para is que está sen medios nos llamentos e departamentos F.I.E.S., pero de alí a tomar rendas... Nin Falar....
Radicalizar as accións, tanto dentro coma fóra? Non lle vexo aínda vontade loitadora ao persoal, refírome principalmente a @s pres@s (moi pouc@s nesta campaña son @s que valen para isto) e ao persoal de fóra coas súas problemáticas de entendemento entre el@s... (é unha pena) pero é o que temos e será unha cuestión de tempo, paciencia e madureza política, que as cousas poidan tomar outra dirección máis apropiada ás nosas aspiracións. Referente ás Folgas de Fame xa coñeces a miña opinión, hai anos que estou en contra (dende as loitas contra o Réxime F.I.E.S.). Hoxe en día as propostas neste sentido parécenme o froito do desespero, máis que unha estratexia efectiva.... Paréceme que ao non ter outras ideas (ou mellor dito)... Ao non dar por boas as poucas cousas que conseguimos (como a Asistencia Xurídica, fundamental para o avance das reivindicacións e que custou non poucos esforzos a @s compañeir@s de fóra e de dentro, poñer en funcionamento), sácanse das mangas, vellas estratexias que xa vimos no pasado a súa nula efectividade.
O que me cabrea é que para algúns/unhas, que cren que as loitas contra os malos tratos nos cárceres teñan unha solución, esquécense, que nunca teremos solucións ata que sigan existindo os cárceres... sempre haberá malos tratos e torturas... o que pasa é que coas constantes reivindicacións e denuncias, podemos (iso si) limitar e conter algúns excesos, pero eliminalos de todo é un sono. Así que o meu enfado é por ver que os poucos resultados obtidos a nivel individual grazas a estes Apoios Xurídicos parecen de pouca consideración (en fin coma se fosen unha merda), esquecendo o grande esforzo económico e persoal dos grupos de Apoio e colectivos da rúa.... E ¡iso compañeiro cansa moito, ese non recoñecemento destes éxitos, fundamentais para futuras loitas!!
Así que as miñas propostas son seguir dando ánimos aos grupos de Apoio a que sigan creando máis Apoios Xurídicos e a organizar marchas fóra dos cárceres para trasmitirnos ánimos a nos @s pres@s (como a que teñen organizada en Teixeiro o 11 de xaneiro). Non podemos esquecer que os nosos éxitos persoais e colectivos pasan por resistir as acometidas do sistema Penitenciario, saír de aquí coa cabeza no seu sitio e en boas condicións físicas é de considerar como unha vitoria e unha batalla gañada á vida, a pesar de que o Sistema quere o contrario... Así que as Folgas de Fame, inxestións de obxectos, chinazos e autolesións son accións radicais que non van no bo sentido... Temos aos colectivos, grupos de Apoio e Avogad@s que entre mil e unha dificultades, conseguen de cando en vez sacarnos en Liberdade, utilizando as contradicións e inxustizas que nos aplica o Sistema Penitenciario cos seus códigos e leis... Demostrémoslles que o seu labor é hoxe en día a única oportunidade que temos para saír pronto de aquí, seguindo o camiño trazado hai dous anos cos xaxúns (que á fin e ao cabo, permitiron a creación da solidariedade d@s compañeir@s e letrad@s da rúa) as protestas e denuncias a través de escritos aos Tribunais e á opinión pública, métodos estes que serven para facernos oir e non caer no esquecemento.
Para rematar, unha última proposta, que xa formulei hai tempo... a dun recompilatorio (Informe) de todos os éxitos obtidos grazas á Axuda dos colectivos e letrad@s, que permitiron co seu labor a excarceración de pres@s (sexan est@s enferm@s ou en boa saúde), de forma anticipada, contrariamente á vontade da Institución Penitenciaria de deixal@s encerrad@s por moito máis tempo. Este recompilatorio vai servir para que a peña, familiares e pres@s, pillen a importancia deste proxecto cos seus fracasos e os seus éxitos.
UN FORTE ABRAZO POR UN MUNDO NOVO E SEN CÁRCERES
Claudio Lavazza, no CP de Teixeiro (módulo 11), a 6 de Xaneiro de 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario