30 ene 2014

Un par de apuntamentos sobre as protestas en Ucraína e o papel nelas da ultradereita.

Colado e traducido do blogue "Hablando República":

Ante o tratamento informativo das protestas que están a ter lugar en Ucraína paga a pena explicar, con algo máis de detalle que o proporcionado polos grandes medios de comunicación, algunhas das imaxes que habitualmente chegan dende alí para que o/a lector/a poida analizar estes sucesos dende un punto de vista máis amplo que o simplista "mobilizacións cidadás", facendo fincapé na notable presenza nestas, se non mesmo no liderado, de grupos de extrema dereita.

É interesante, ao observar as impactantes imaxes da praza da Independencia de Kiev repleta de manifestantes, facer un breve repaso das bandeiras que alí se axitan: unha gran cantidade delas teñen relación con grupos de ultradereita. Sirvan de exemplo as bandeiras bermellas e negras que aparecen en gran número nestas manifestacións e que poden observarse en practicamente calquera imaxe difundida por televisión. Pois ben, é preciso aclarar que estas bandeiras non son, nin moito menos, símbolos anarquistas senón que, orixinalmente é o emblema do Exército Insurxente Ucraíno, son agora utilizadas polos grupos nacionalistas ucraínos. Cabe recordar que o Exército Insurxente Ucraíno foi unha guerrilla nacionalista que comezou loitando contra a ocupación alemá durante a II Guerra Mundial e rematou facéndoo contra os partisanos soviéticos e o Exército Vermello ao termo da contenda; esta guerrilla perpetrou, entre outras, o masacre de 80.000 polacos considerado actualmente un acto de xenocidio.

Destaca a masiva presenza de militantes e ata deputados do partido de extrema dereita Svoboda ("Liberdade"), de corte racista e homófobo, que conseguiron un oco non só nas mobilizacións contra o goberno senón tamén nas institucións ucraínas das rexións máis occidentais (precisamente nas que se están a producir as protestas). Este partido, por dar un exemplo que resulte máis próximo, mantén relacións con grupos fascistas españois como o Movimiento Social Republicano (MSR).

De feito, e malia utilizar as manifestacións pro-europeas para gañar visibilidade e votos, o propio Parlamento Europeo redactou en 2012 unha resolución na que mostraba a súa preocupación "polo aumento do sentimento nacionalista en Ucraína, expresado no apoio a Svoboda", recalcando que "as actitudes racistas, antisemitas e xenófobas van contra os valores e principios da Unión Europea".

Tendo en conta o anteriormente exposto, preocupa o descoñecemento xeral da opinión pública española a este respecto, bombardeada pola información nesgada (cando non directamente falsa) dos grandes grupos de comunicación que denominan a estas protestas como "manifestacións cidadás" ou mesmo "Revolución Azul", como o bautizaron algúns medios.

Se o feito de derrubar unha estatua de Lenin, entre berros de "Grazas a Deus!" e coa presenza dun sacerdote que bendicise o martelo con que se golpeaba a cabeza do revolucionario ruso, non daba pistas das tinguiduras que tomaban estas protestas, pode que si o fagan os símbolos que portan algúns dos manifestantes que encabezan as marchas e lideran os enfrontamentos coa policía:

Non obstante, os medios de comunicación encárganse de que esta información non chegue aos seus lectores e, como El País na súa edición en papel, mostran a imaxe dende unha perspectiva que oculta a simboloxía fascista, engadindo pés de foto e textos (máis próximos ao editorial que á noticia) en que se fala de "réxime ucraíno", "resistencia dos cidadáns" ou simplemente "choques coa policía" seguidos, ata hai uns días, por dramáticas narracións baixo titulares como "Batalla campal" ou "Reina a violencia"... facendo referencia a Burgos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario