21 ene 2014

[Grecia] Spyros Stratoulis deixa a súa folga de fame na prisión de Larisa tras acadar os seus obxectivos.

En 11 de novembro de 2013 Spyros comenzaba a sua folga de fame, cando levaba baixo este peculiar réxime de secuestro case 22 anos (entrou contando con só 17 anos), como maneira de denunciar a montaxe que pretendía implicarlle na revolta de 2007 que estalara en varias prisións gregas tras a malleira a un preso anarquista (Yannis Dimitrakis) a mans dos carcereiros, e para esixir o cesamento inmediato de todos os seus procesamentos e reclamar a súa absolución para que lle restitúan os seus permisos de saída. (ver aquí e acá en Abordaxe)

Agora vimos de saber por ContraInfo que en 16 de xaneiro pasado, publicouse o resultado do consello xudicial sobre Spyros, quen estivo en folga de fame ata 6 días antes (o 10 de xaneiro de 2014), como xa dixemos esixindo o desmorone da montaxe na súa contra, segundo a cal se lle acusaba de pertenencia a unha suposta organización ilícita (Tesalónica, 2012). Pois ben, o tal consello xudicial absolviou a Spyros Stratoulis do cargo de participación en organización ilícita (delito grave) e de tal xeito, se lle restituiron os seus permisos de saída de prisión.

Spyros, con forza, ata a liberdade!

Ademais cabe sinalar que, tal como publica ContraInfo, houbo unha ondanada de ataques (nos días 8, 9 e 10 de xaneiro) a estructuras do Estado e do capitalismo, como mostra de solidariedade con Spyros Stratoulis, e que podedes leer no enlace marcado.

Máis información sobre a folga de fame e a solidariedade, tanto dentro como fora dos muros, en ContraInfo

(Colado e trad x eDu)

No hay comentarios:

Publicar un comentario