29 ene 2014

[Estados Unidos] Anarquía sen mapas de ruta nin adxectivos

Colamos este artigo de opinión asinado por Aragorn! aparecido en "Anarquía: Un xornal de desexo armado", n.º 63, da primavera-verán de 2007 e que reproduce agora ContraInfo, e que traducimos ao galego:

A maioría das tendencias dentro dos círculos anarquistas teñen unha concepción limitada sobre o que fai exactamente a un/unha anarquista, que é un proxecto anarquista e como sería a transformación a un mundo anarquista. Xa sexa verdes ou vermellxs, comunistas ou individualistas, activistas ou críticos, xs anarquistas pasan tanto tempo defendendo as súas posicións especulativas nestes complicados asuntos, como o que pasan aprendendo o que outrxs teñen que ofrecer -sobre todo, outrxs anarquistas.

Ao final, moitxs danse conta de que preferirían facer os seus proxectos, políticos e sociais, fóra dos círculos anarquistas. Xa sexa porque pensan que o seu proxecto particular non é interesante para outrxs anarquistas aínda que, cren que é importante (como na maioría dos casos de activismo progresista) ou porque non gozan especialmente da compañía doutrxs anarquistas e o tipo de tensión que supón traballar con anarquistas. Ambas as dúas razóns son case totalmente responsables da profunda desconfianza que xs anarquistas senten por outros programas anarquistas.

Houbo unha vez un chamado anarquista por un "anarquismo sen adxectivos" referíndose a unha doutrina que tolerase a coexistencia de diferentes escolas de pensamento anarquista. En lugar de cualificar o anarquismo como colectivista, comunista ou individualista, o "anarquismo sen adxectivos" rexeitaba a preconcepción de solucións económicas para os tempos post-revolucionarios. Ao contrario, o "anarquismo sen adxectivos" argumentaba que a abolición da autoridade, non as discusións sobre o futuro, é de vital importancia.

Hoxe en día hai moitas (senón máis) divisións sobre como tería que ser a abolición da autoridade, como divisións houbo sobre a cuestión do programa económico para o despois da revolución hai 120 anos. Xs anarquistas activistas ("organizadorxs") cren que o poder dende abaixo poderá abolir a autoridade. Xs anarquistas da loita de clases cren que a clase traballadora rematará coa autoridade da sociedade capitalista. Xs colapsistas cren que as condicións económicas e ambientais inevitablemente conducirán á transformación social e á fin da autoridade.

Por outra parte, moitxs anarquistas non cren que a abolición da autoridade sexa de tan vital importancia para xs anarquistas. Argumentan que a autoridade non se pode entender de xeito simple (é o capitalismo e o Estado e ningún dos dous a este tempo). Que xs anarquistas non teñen o poder (político, social, persoal ou material) para levar a cabo esta abolición e que a autoridade se transformou en algo moito máis difuso que os reis e monopolistas do século XIX. Se a autoridade pode entenderse mellor, hoxe en día, como un espectáculo, entón, está tan difusa como concentrada. Esta flexibilidade por parte da sociedade do espectáculo resultou en que se entenda o esforzo pola abolición da autoridade (e a práctica de moitxs anarquistas), porque si, como utópico e (espectacularmente) ridículo.

Anarquistas de todas as modalidades están de acordo en que os programas revolucionarios do pasado quedaron moi curtos para a liberación total dxs oprimidxs. Xs esquerdistas cren que os programas estaban no certo pero que o momento e as condicións foron erróneas. Moitxs outrxs anarquistas cren que o momento dos programas rematou. Estas perspectivas están representadas na historia do anarquismo e son fonte de interminables disputas na creación e encontros de grupos anarquistas.

A historia debería usarse para dar contexto a estas perspectivas discrepantes, pero en vez diso, vese como provedora de probas para unha ou outra. En lugar de tratar de comprenderse os uns e as unhas aos outros e ás outras, de comunicar, parecemos aproveitar a nosa falta de éxito para fixar as nosas posicións e discutir por rendementos en diminución.

Se a anarquía non ten mapa de ruta, entón nós (como anarquistas) podemos traballar xuntxs. Os nosos proxectos quizais non estean ao mesmo nivel que unha folga xeral ou sequera a paralización do fluxo do comercio dunha grande área metropolitana, pero poderían ser proxectos anarquistas. Unha anarquía sen mapas de ruta nin adxectivos pode ser unha na que o contexto das decisións que tomamos xuntxs sexa da nosa creación en vez dun imposto. Podería ser unha anarquía de agora, en vez da esperanza dun mañá. Implicaría que xs que teñen un obxectivo político común (a abolición do Estado e o capitalismo) terían que confiar os uns e as unhas nos outros e nas outras, en vez de nos que non teñen ningún obxectivo ou cuxos obxectivos son contrarios á anarquía.

Unha anarquía sen mapas de ruta nin adxectivos non ignora a diferenza pero a coloca no contexto que lle corresponde. Cando nos enfrontamos a un momento de tensión extrema, cando todo o que coñecemos parece cambiar, entón escolleremos diferentes bifurcacións na ruta. Ata que chegue ese momento, xs anarquistas deberían achegarse con esa inxenuidade coa que nos achegamos ao mundo. Se cremos que o mundo pode cambiar e que podería cambiar nunha dirección radical á transitada os últimos varios miles de anos, entón, deberiamos confiar nxs outrxs que desexan as mesmas cousas.

Aragorn!

No hay comentarios:

Publicar un comentario