23 ene 2014

Comunicado para desmentir as falsas acusacións do agresor Baldomero Lara sobre unha compañeira dá Campaña Cárcere=Tortura

Colamos da web da Campaña Cárcere=Tortura:

A todas as individualidades, grupos, asembleas, colectivos... do ámbito libertario e anticarcerario:

Dende a asemblea de grupos de apoio da Campaña Cárcere=Tortura queremos informarvos de que Baldomero Lara Sánchez, que antes formou parte desta asemblea, dentro e fóra do cárcere e actualmente se encontra activo dentro do ámbito libertario e anticarcerario, acusou falsamente unha compañeira da campaña de ser policía secreta e move esta información xunto á súa foto. Desmentimos a acusación e respondemos totalmente pola nosa compañeira.

A súa falsa acusación está motivada por que hai uns meses, denunciamos publicamente por todos os medios que encontramos ao noso alcance (acá en Abordaxe), que Baldomero Lara Sánchez agrediu varias mulleres en diferentes puntos do Estado sen asumilo nin se retractar dos feitos, sen respectar as compañeiras e continuando nesta liña de ameazas e agresións permanentes.

Baldo enviou mensaxes ameazantes a outras dúas rapazas da Campaña diferentes das primeiras agredidas dicindo que "Tendes 48 horas para kitar o meu nome das vosas merdas en internet. a partir de ahí, teredes resposta". E a súa resposta foi cara a unha delas en concreto e consistiu en varias acusacións:

Con respecto ao primeiro comunicado no cal se explican as agresións cometidas por el, afirma que ela foi a que o escribiu e asinou en nome da campaña cando foi unha decisión colectiva.

Está a difundir que esta é secreta e a relaciona coas últimas detencións de novembro en Madrid. Ademais difunde esta falsa información xunto á súa foto.

É importante mover esta información porque pode poñer en risco a seguridade persoal da nosa compañeira falsamente acusada. A pesar da súa falta de credibilidade debida ao explicado anteriormente, aínda é avalado por algúns grupos de Madrid, dándolle cobertura.

Calquera colectivo/individualidade/grupo que non saiba quen é Baldo e por onde se move ou que teña calquera outra dúbida, pode pedirnos toda a información necesaria directamente para impedir faladurías, contos, cruzamento de falsas informacións, críticas infundadas...

Pola nosa banda estamos a realizar autocríticas e procesos colectivos permanentes e queremos seguir avanzando. Se alguén ten información, achegas ou críticas sobre ésto, invitámolo a que nolo faga chegar.

Así mesmo agradeceremos que, se vos chegan datos acerca dunha rapaza á que acusan de ser secreta e estar tras as detencións de Madrid do 28 de novembro, o contrastedes connosco. O noso email é: contacto@carceligualtortura.org

Aproveitamos para enviar un saúdo libertario a todxs.

Nin forzas represivas, nin agresorxs nos nosos espazos!

Comunicado asinado polos grupos de apoio a presxs da Campaña de: Sevilla, Granada, Cadiz, Salamanca, Valladolid, Lleida, Galiza Norte e individualidades de Barcelona e Aragon.

1 comentario:

  1. Fai falta ser miserable. Non só agresor, senon tamén un aficionado ó cobarde xogo de "si me caes mal, eres estupa". En fin...

    ResponderEliminar