31 ene 2014

[Burgos] Comunicados contra a criminalización do Gamonal

Colamos de diario de Vurgos estes dois interesantes Comunicados tirados por unha banda pola Biblioteca Anarquista "La Maldita" ubicada nese barrio e por outra pola Asamblea de Gamonal en resposta aos intentos de criminalización da luita.

1.- Comunicado da Biblioteca Anarquista "La Maldita": Sobre os ensaios de literatura da policía de Burgos

Responder a acusacións e calumnias non é nin agradable nin creativo, non obstante sentímonos obrigadxs de facelo porque outros falaron sobre nos. Dicir que nin nos emociona demasiado e en gran parte é unha perdida de tempo. Por iso deixaremos ben explicito que non imos responder a cada intoxicación, nin imos entrar en dialogo nin coa policía nin cos xornalistas; só pretendemos deixar unhas cousas claras.

Os medios de comunicación tiveron constantes intentos de manipulación: primeiro os de fóra, logo os profesionais dos disturbios, antisistemas e radicais, que se os anarquistas....

Estamos na rúa non somos espectáculo.

É insultante á intelixencia para nos e para xs demais veciñxs, o de atribuír "liderados" ou "manipulacións", sobre todo cando sucede na horizontalidade, espontaneidade e igualdade.

Non seremos os que fagamos a análise de que sucede e sucedeu en Gamonal. Porque non nos corresponde para defendernos e non temos porqué analizalo dende esta posición. Somos veciñxs e solidarixs.

Non temos ningún motivo para escondernos, nosxs veciñxs saben quen somos, como pensamos e como actuamos. Participamos, compartimos e respectamos as decisións.

Non podemos dicir o mesmo nin de policías nin de xornalistas, eles están aí por un soldo, como mercenarios, os primeiros tratando de ver como reprimir e vixiar e os segundos en busca de carnada e morbo sensacionalista.

A Biblioteca Anarquista La Maldita leva 5 anos e medio no barrio, e de presenza con carteis, xornadas, proxeccións, charlas..... Non é nada novo, a xente sabe o que facemos e quen somos. Tampouco é por casualidade que La Maldita estexa no Gamonal, barrio obreiro e pobre, de loitas veciñais e solidariedade no cotián.

Isto é unha parte máis de toda a represión que vimos días atrás, algo máis, que sumarlle ás porradas, ás detencións, as provocacións, os seguimentos ou a chularía da policía.

As loitas non son legais ou ilegais, son xustas.
Seguiremos, nin un paso atrás


Biblioteca Anarquista La Maldita

2.- Comunicado da Asemblea de Gamonal (2014) en resposta aos intentos de criminalización:

Despois de ler as noticias relacionadas co informe policial que vincula ao movemento de Gamonal con determinados grupos de esquerdas ou xente de ideas anarquistas, creo que debemos facernos algunhas preguntas e varias reflexións.

As primeiras son: Que pasa se entre nos hai persoas con este tipo de ideas? Onde está escrito que non se poida ser, por exemplo, anarquista? As respostas son claras: Nada e en ningún sitio.

Nas multitudinarias mobilizacións que vimos estes días puidemos constatar a presenza de anarquistas, comunistas, xente do PSOE, de organizacións sindicais, e mesmo de xente que no seu día votou ao PP. Todo isto vén a demostrar que a asemblea e o movemento son complexos e diversos, ao igual que a sociedade á que pertence. Por iso, cando dende o poder tratan de criminalizarnos poñendo o foco sobre persoas ás que se acusa de ser anarquistas, individualmente sentirémonos máis próximos a@s compañeir@s con estas ideas. E se mañá se trata de criminalizar comunistas, pois sentirémonos comunistas. E postos a imaxinar absurdos, se dentro duns días din que o problema é que hai xente do Madrid ou do Barça, moit@s tamén nos sentiremos madridistas e/ou barcelonistas.

Por outro lado, pode preguntarnos a policía polas nosas ideas ou filiación política? Pode basear as súas investigacións e actuar baseándose nas ideas que temos? A resposta é non. E a súa propia lei así o di. Se están interesados en buscar as persoas que orixinan o conflito e as manifestacións de violencia, lles suxerimos que miren nas súas propias filas. Tamén poden buscar entre os gobernantes e poderosos que planifican actuacións en contra dos intereses do pobo e cando este se rebela mandan a policía a reprimilo. E é que aínda que non sexa tan visible, para nos esta é unha violencia constante, máis custosa e moito máis indiscriminada.

A nosa asemblea está formada por persoas con diversidade de ideas, crenzas e perfís. Hai xente nova, maior, mulleres, homes, comerciantes, traballadoras, pensionistas, obreiros... e por desgracia demasiada xente no paro. E é aquí onde o poder e as súas policías teñen un problema. Tomando prestado algunha frase de temas de rapaces rapeiros, talvez nos ven como formigas e por eses trátannos de "formigonar" coas súas obras faraónicas e sobre todo nos "asfaltan" o respecto.

Esquéceselles ou ocultan as cuestións máis evidentes. E é que esta sociedade segue tirando grazas aos traballadores e traballadoras, e a pesar deles. Así as fábricas funcionan grazas aos obreiros e obreiras, e non pola flexibilidade laboral ou polas leis aprobadas en contra da clase traballadora. Os hospitais e escolas seguen funcionando pola tenacidade e profesionalidade de moit@s d@s seus/suas traballador@s e a pesar dos recortes que as administracións implementar. Se se quere falar de "milagres económicos" non debemos mirar a Montoro ou De Guindos, mellor fixámonos en pensionistas, parad@s ou amas de casa que con presupostos ridículos son capaces de alimentar, vestir e sacar adiante familias enteiras.

Estas son as nosas xentes e estes son os vimbios cos que tecemos a nosa asemblea. E é que aquí non sobra ninguén, ou como dixo alguén, todo o mundo é necesario, ninguén é imprescindible.

Dentro desa visión miope que pretende converternos nunha especie de formigueiro ou colmea, non sabemos que papel se arrogan os poderosos, a policía e algúns medios de comunicación. Talvez sexan a bota que pretende esmagarnos, talvez se crean raíñas con dereito a someter e rematar coa dignidade nas nosas vidas. Se é así, queremos que saiban que as obreiras decidimos que non o imos consentir, e que se sobra alguén son os "abázcaros" e "raíñas" que pretenden gobernarnos para continuar aumentando os seus beneficios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario