11 dic 2013

[Chile] Un guarda de seguridade mata un atracador e a prensa volta falar do caso Bombas

Reproducimos correo recebedo desde Chile, hoxe que soubemos do medre das "responsabilidades represivas" dos guardas de seguridade no estado español (tema do que falaremos em breve en Abordaxe):

Esta mañá, en Santiago de Chile, un guardia de seguridade matou a un compa e detiveron a outros dous, nunha sucursal dun banco. De momento a única noticia que teño é esta http://www.24horas.cl/nacional/violento-asalto-a-sucursal-bancaria-termina-con-un-muerto-978208, que virá totalmente sesgada, pero serve para que esteamos atentos, e para ir espallando info e solidaridade.Apertas.

Na noticia en cestón di:"Dos de ellos ingresaron al lugar en una actitud sospechosa, lo que llamó la atención del guardia, quien por primera vez se desempañaba como guardia de seguridad y anteriormente estuvo en el Ejército como cabo segundo de reserva.

Cuando descubrió que llevaban un arma, disparó contra ellos
...

Colamos tambén a ligación a outro falsimedio onde titulan: "Detenidos por asalto a sucursal bancaria de Pudahuel fueron indagados en el caso Bombas" e narran como ambos detidos foron obxecto de seguimento policial por ser partícipes dos protestos contra o xuízo do caso "Bombas" e alén seguen con a teima de criar líderes anarquistas e así comenta este falsimedio: "se determinó que al menos Hermes González Henríquez formaba parte de un movimiento anarquista, que habría sido liderado por Rodolfo Retamales Leiva, alias “El Garza”".

Non consideramos interesante nen traducir nen copiar as noticias íntegras destes medios, se queredes (se tendes tragadeiras) podedes lelas nos enlaces subliñados.

Seguiremos cando teñamos máis e mellor información e obrigadas pola imediatez á remitente.

eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario