28 oct 2013

[Compostela] "A Ghavilla" distribue material de Volapük Ediciones, unha nova aventura editorial de ámbeto anarquista en Guadalajara.

Soubemos de Volapük Ediciones por un correo na nosa caixa que Sergio Higuera, o "alma mater" deste proxecto, nos fixo chegar co gallo da saída à rúa do segundo volume desta editorial autónoma e autoxerida que naceu con "a intención de rescatar textos, autores e contidos que se manteñen afastados da atención das editoriais convencionais ou das institucións culturais" ben "por tratarse, en casos, de autores nóveles aos que os grupos editoriais non apoian ainda que o seu interés é relevante, ou temáticas condenadas ao ostracismo por non interesar aos poderes literarios ou mediáticos, como poden ser textos ou estudos libertarios, de ecoloxía social, ou políticamente incorrectos"; se ben, aclaran, "non queremos limitarnos e ficamos abertos a calqueira proposta que vaia xurdindo".

Así entramos en contacto e amañamos para distribuir na Ghavilla os seus libros, e de momento istos son os dois libros que teremos à venda (ademais de que, un exemplar de cada, con que Volapük nos agasallou, irán para fondo da nosa biblioteca de consulta):

"Exiliados del Paraíso. Relatos" de Josean Aparicio Tercero e "Abriendo Brecha. Los inicios de la lucha de las mujeres por su emancipación. El ejemplo de Soledad Gustavo" de Julián Vadillo Muñoz son, ata agora, os dois títulos desta editorial con este curioso nome Volapük, que tal como conta Sergio, "Volapük é unha lingua universal, antecesora do esperanto, que se creara a finais do século XIX. Tivera entre os seus propagadores ao "guadalajareño" Fernández Iparraguirre quen redactara unha gramática e un diccionario desta lingua, e que chegara a editar a “Revista del Ateneo Caracense y Centro Volapükista español”. Esa conexión entre os valores universais e fraternais do Volapük e o especial arraigo que conocera na cidade determinou a elección do nome para este proxecto".
"Exiliados del Paraíso. Relatos"
Josean Aparicio Tercero
Volapük Ediciones, Guadalajara, 2012
20x13, 196 páginas, Rústica
ISBN: 978-84-940852-0-8
12 euros

Así fala do libro o seu autor Josean Aparicio Tercero. Molina de Aragón (Guadalajara), 1962:

"Este título ia destinado, en principio, a agrupar varios relatos cortos que tratan sobre persoas todavía arraigadas à natureza, seres ao marxen do progreso e desa sociedade que na altura chamaran do benestar - ainda que nistos momentos ese termo empeza a pertencer ao pasado-, persoas que ainda vivindo en diferentes zonas do planeta, teñen un soño común, que lles deixen vivir en paz con a terra, con as suas costumes e con o seu xeito de vida. Seres pertenecentes à natureza, que souberon vivir en harmonía con ela criando mundos que aos poucos desaparecen sen apenas deixar pegada. Unha herdanza e unha sabiduría que despreciamos, en muitas ocasións, cegos por eses outros valores do progreso, ese progreso que quizás estamos pagando demasiado caro e que na realidade, a maioría das veces, tampouco nos conduce à felicidade.

Continuei escribindo outros relatos nistos últimos anos, e a maioría deles teñen a ver dalgún xeito con esa temática, a do exilio dun paraíso ou outro, que ben pode ser o da infancia, o dos nosos ideais ou incluso o da propia inocencia. Por iso quixen facer unha recopilación de todos eles unificándo-los con este título."


Muita máis información acá no blogue de Volapük.

"Abriendo Brecha. Los inicios de la lucha de las mujeres por su emancipación. El ejemplo de Soledad Gustavo"
Julián Vadillo Muñoz
Prólogo de Laura Vicente
Volapük Ediciones, Guadalajara 2013
296 páginas, 13x20 cm.
ISBN: 978 84 94085215
13 euros

“Estamos ante unha breve, pero interesante, obra de recopilación e divulgación a través da cal Julián Vadillo resgata a unha das mulleres que máis aportou ao feminismo anarquista dende o ponto de vista ideolóxico” (do prólogo de Laura Vicente).

"Abriendo Brecha" é un achegamento à historia da luita das mulleres pola conquista dos seus direitos, inserto ademais, como así foi, no movimento obreiro. Especial atención prestase à participación da muller no anarquismo, movimento que decote comprendeu que as reivindicacións femininas eran fundamentais para a consecución da sociedade igualitaria que pretendían. E cómo, as mulleres no anarquismo, organizaranse para conseguir emanciparse da explotación que a sociedade lles impuña. Por último, centrase o libro na figura de Soledad Gustavo, ou Teresa Mañé, unha das pioneiras no desenvolvimento do feminismo dende unha perspectiva obrerista. Foi mestra, impulsora de escolas laicas e de prensa anarquista como La Revista Blanca, conferenciante activa e autora de numerosas obras de análises libertario. No libro recollense os escritos máis significativos de Soledad Gustavo.

Também muita máis información acolá no blogue de Volapük

15 comentarios:

  1. https://abordaxerevista.blogspot.com/2013/10/compostela-ghavilla-distribue-material.html?showComment=1598271374310#c1855652032757942036
    http://losdeabajoalaizquierda.blogspot.com/2017/03/el-anarquismo-en-la-revolucion-rusa.html?showComment=1598272046859#c5204105361931640579

    ResponderEliminar
  2. Many others failed because they had a lot of excuses. You succeeded because you didn’t have any. Well done.
    카지노사이트
    바카라사이트
    온라인슬롯사이트

    ResponderEliminar
  3. Skills can be imparted, but the will to persist and persevere is inborn… a talent you have been blessed with. Well done.
    바카라사이트
    온라인슬롯사이트

    ResponderEliminar
  4. A debt of gratitude is in order for sharing a decent article.Wireless Security Consultants'job depiction can incorporate a wide range of tasks.Companies need experienced experts that can deal with each part of remote organization security.

    https://joinlive77.com/

    ResponderEliminar