21 oct 2013

[Chile] Noticias sobre a Ruka Inche

Escrebenos estes compas chilenos da zona de Puerto Montt ao respeito do proxecto educativo "Ruka Inche" e colamos o seu correo (traducido ao galego, mais conservando a súa "pekuliar" tipografía):

"un só día de illamento carcerario, en estruturas da personalidade fráxiles e mal construídas pode acumular tal cantidade de rancor, de vivencias de impotencia, de abandono e desexos de vinganza, que non se pode crer que os psicólogos e pedagogos que o lexitiman non saiban o dano que están a facer".

Keridxs amigxs, kompañeiros e kompañeiras...

Dende Melipulli , unha vez máis nosos saudos libertarios;

Como muitxs de vostedes xa saben, vimos traballando como kolektivo anticarcerario despois de ke en 2012 cerraran un proxekto edukativo ke tivemos a posibilidade de iniciar con “kabros chikos”(1) en Puerto Montt...

Ao principio - e trala dispersión xeográfica da ke foron víktimas os kabros en marzo de 2012- a tarefa foi resgatar aos crios das garras dos sistemas de encarceramento do Sename(2) con éxito: nengún deles está preso a día de hoxe!!!

Actualmente, traballamos con os mesmos rapaces como un kolectivo educativo que integra meniños, adolescentes e adultos en torno à defensa dos seus direitos e na autoxestón dun espazo de traballo , pois está klaro ke son eles ken deben elexir o seu kamiño, e a nosa única función actual é protexelos do estigma e apoialos nas tarefas que calkeira familia amorosa faría na sua casa... o tema é ke eles seguen nas rúas, non teñen familias ke apañen e esa pega, facemola nos...

Xa temos un pequeno terreo, os planos, unha lista de materiais e muitas ideas de komo construir reciclando e autosubstentando... Pero chegou a hora de aplicarnos e por iso vos invitamos a sumarvos à tremenda tarefa de poñer a andar a Ruka .... O tema do financiamento non é menor, xá que só unha vez fixemos unha aktividade para recaudar diñeiro e foi en febreiro deste ano: de aí sacamos farta experiencia para traballar, pero en “lukas”(3) fumos un fiasco... Istos últimos 8 meses non paramos, komo puidemos, con un gasto moi escaso, logrouse ke os kabros segan medrando e máis unidos do ke nunka

Respeito de colaboracións, unha vez recibimos $200,000 lukas na unika konta de banko ke temos... ke foi o invertido no Mapu Rock e últimamente $40,000 dunha editorial ke non citaremos pero ke tb recibirá este correo.

(Transparentar este tema do diñeiro resultanos moi importante, considerando ke o noso kolektivo fundarase en torno às denuncias ke fixeramos en contra de ken eran os nosos patróns e a ken funamos(4) e xudicializamos por korruptos)

Pa ken estén en Puerto Montt, a invitación é pa o 31 de outubro a solidarizarse no mambo(5) "Fiesta del Terror"... Pa o resto do territorio, a xuntar enerxias porke no vrao necesitaremos todas as vosas mans pa martillar e levantar unha Ruka pa legala aos meniños e a ken keira traballar alá....

Atentos às súas critikas, suxerencias brillantes e revolucionarias ideas, un abrazo e Newén(6) para cada un dos seus proxektos!

Na sua páxina nunha rede social teñen a disposición de ken kixer o prometido no último Mapu Rock: as contas klaras do rekaudado!!!, os planos da kasa, o ke se fai kon a plata e a lista de materiais do soño...)

Agrupación cultural educativa deportiva Ruka Inche
.......................

Notas de Abordaxe:

(1) “kabros chikos” .- apelo cariñoso para referirse a rapaces pequenos
(2) Sename .- Servicio Nacional de Menores denunciado este agosto, por un psiquiatra que traballara nese servizo, con estas aclaratotrias palabras ao respeito do seu "funcionamento": "especie de tiradero de todos los niños pobres de Chile que por su situación de marginalidad social no tienen dónde estar y donde el Sename se limita a actuar como una especie de orfanato público, sin ningún interés, ninguna preocupación, ningún cuidado por rehabilitar a la familia, por hacer intervenciones que tengan algún destino". (ver noticia)
(3) “lukas” .- A maioría da población chilena utiliza este termo para referirse ao billete de mil pesos (1 EUR = 680,8615 pesos 1 LUKA = 1,47 €)
(4)Funar .- Facer "escraches" .- É unha palabra inventada e, por tanto, non ten antecedentes históricos ou etimoloxía.
(5)Mambo.- Festa
(6)Newén.- Forza (enerxía do universo)

Máis información no noso blogue sobra a Ruka Inche acá

Trad eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario