Colamos de Naiz
O documental 'A Revolución Silenciosa' explica a situación de 3 millóns de kurdos que viven en Siria, os cales aproveitaron o estalido da guerra civil neste país para loitar polo seu recoñecemento político e cultural.
Os xornalistas David Meseguer e Oriol Gracià dirixen este documental que narra un proceso histórico que vive na actualidade o pobo kurdo e que apenas ten lugar nuns medios de comunicación nos que, os enfrontamentos entre o Goberno de Bashar al-Asad e diferentes grupos opositores, copan a maior parte da cobertura informativa.
Os autores consideran necesario dar a coñecer «a outra Siria», aquela que «aposta por unha terceira vía para a resolución do conflito», é dicir, aquela non está nin con Al-Asad nin cos chamados rebeldes sirios.
A revolución kurda
Neste contexto, os kurdos de Siria decidiron declarar unha autonomía de facto e xestionar a súa propia revolución.
Crearon o Comité Supremo Kurdo, unha sorte de goberno de unidade nacional, que administra a esta autonomía no Kurdistán Occidental e mantén unha loita activa para o recoñecemento nacional do pobo kurdo e a garantía dos dereitos nunha futura constitución siria.
David Meseguer, colabourador en GARA, e Oriol Gracià estiveron en Siria o pasado marzo para gravar o documental, de 60 minutos, que focaliza seis ámbitos: a política, a educación en lingua kurda, a implicación da muller no conflito, a milicia kurda, os medios de comunicación e a cultura.
Ambos os dous directores investiron os seus propios recursos para viaxar a Siria e gravar o traballo e están a traballar na súa montaxe.
Crowdfunding
Puxeron en marcha unha campaña de micromecenado -crowdfunding- co fin de que esas achegas cubran os gastos de posproducción e poida rematarse o proxecto.
Aínda restan 17 días para que conclúa o prazo que se marcaron para realizar achegas e recadáronse máis de 4.680 € dos 6.000 que se marcaron. En caso de que se alcancen os 8.000 €, farán un DVD especial que inclúa unha serie de extras que quedaron fóra do documental.
En caso de que a campaña de crowdfunding finalice con éxito, o traballo será traducido ao euskara.
25 oct 2013
'A Revolución Silenciosa', un documental sobre a loita dos kurdos en Siria
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
google 4208
ResponderEliminargoogle 4209
google 4210
google 4211
google 4212