23 oct 2013

13 dos 14 membros do Consello de Ministros español, acusadxs de corrupción, engano, nepotismo e neglixencias graves.

Na web "espía en el congreso" o seu autor ven de fazer público, en tres entregas, este artigo que presenta con estas palabras:

"No Consello de Ministros sentan cada venres 14 persoas e 13 delas foron acusadas públicamente e con probas de corrupción, engano, nepotismo e neglixencias graves, sen que ata agora dimitira ou cesara ninguén. Ainda que Mariano Rajoy prometera que o seu gabinete o conformarían políticos que acreditaran o seu “mérito” e “esforzo”, o “curriculum” dos dois primeiros anos de Goberno evidencia que os méritos e a tenacidade foron outros. E dase unha paradoxa: o único ministro que ata agora non ten sido denunciado por corrupción é o que pior valoración cidadán recolle nas enquisas pola sua xestón: José Ignacio Wert. Estas son as “follas de servizos” do actual Goberno que xamáis revelarán os medios de comunicación cando nas vindouras semanas comencen a “bombardear” à opinión pública con o balance dos dois primeiros anos de xestión do Executivo de Mariano Rajoy".

Estes son os enlaces ao artigo:

1ª parte.- Mariano Rajoy e Soraya Sáenz de Santamaría

2ª parte.- Equipa económico: Guindos (Economía), Montoro (Facenda), Ana Pastor (Fomento), Soria (Industria), Arias Cañete (Agricultura) e Fátima Báñez (Emprego)

3ª parte.- Ministrxs “políticxs”: Margallo (Exteriores), Gallardón (Xusticia), Jorge Fernández Díaz (Interior), Morenés (Defensa), Ana Mato (Sanidade) e Wert (Educación).

No hay comentarios:

Publicar un comentario