2 sept 2013

Inglaterra: Accións directas en Portishead e Bristol

Colamos de ContraInfo esta reivindicación de duas accións directas:

27 de agosto de 2013 - Reivindicación do grande incendio nunha galería de tiro da policía e do ataque a coches de seguridade privada:

A galería de tiro da policía (en construción), en Black Rock Quarry (Portishead) situada xusto debaixo da sede rexional da policía de Avon e Somerset, foi o noso obxectivo a noite do 26 de agosto, deixándoa coas chamas ardendo ben alto. As instalacións están destinadas para o uso das forzas de todo o sueste

Despois de subir á canteira, usamos acelerador para queimar os cables eléctricos principais en cinco puntos de distribución do complexo e enchemos e prendemos lume a unha plataforma de mecanismos e cables eléctricos. Pasadas máis de doce horas, o lume aínda segue activo. Debúxasenos un sorriso na cara ao decatarnos do doado que foi entrar ao seu club de armas e asinar "que se fodan" xusto no bandullo da besta, sendo unha raposa curiosa a nosa única testemuña.

Esa mesma noite, outras de nós atacaron con decapante de pintura e rebentándolles as rodas a dous coches preto de St George (Bristol), un da empresa de seguridade privada G4S e outro de Amey. No Reino Unido e por todo o mundo, G4S proporciona servizos carcerarios e de seguridade e aprovéitase de varios aspectos da sociedade carceraria. Amey, xunto con GEO, transporta presos en Inglaterra e Gales e xestiona xulgados en Bristol e North Somerset.

Nas cidades a noso arredor, o confinamento aumenta; hai unha crecente atmosfera xeral de medo e impotencia; hai máis e máis vixilancia e seguratas con esposas aparecen ante máis e máis portas. A tensión crece en todo o mundo ao perder a xente a fe no sistema. En resposta a esta inseguridade, o Estado vai militarizando a súa policía con armas de fogo, drons de control remoto e armas "non letais" que, a miúdo, matan. Á vez, crean a figura preventiva do "poli brando" cos oficiais de apoio á comunidade, equipos de asistencia e demais, que encaixan máis coa imaxe democrática. Mesmo reciben axuda de esquerdistas como John Drury de Aufheben, coas súas achegas en técnicas de control de masas e que ten o mesmo medo ao ingobernable que as clases dominantes. O Estado británico é líder en técnicas de contrainsurxencia. A súa mestría é o resultado de xeracións de brutal colonización, como en India, Kenya e, ata hoxe, en Irlanda.

Dous anos despois dos importantes disturbios do Reino Unido, cremos que se abriu unha porta importante para o noso rexeitamento radical e combativo á nosa existencia diaria a grande escala. Para xs que saímos á rúa, foi unha bafarada de aire fresco nas mazmorras, un recordatorio de que a invasión e o control non están completos. Aínda que a apatía e o illamento se volvesen impoñer, nós continuamos atacando. A policía e a industria da seguridade privada son especialistas en facernos sentir impotentes nas nosas propias vidas e estes ataques axúdannos, considerablemente, a vencer este sentimento.

Este é tamén o noso xeito de sinalar os dous anos que o anarquista Badger (Teixugo) de Bristol leva eludindo a súa captura despois dos disturbios. Segue libre e loitando!

A propósito, a noite da nosa acción coincidiu co inicio do sacrificio planeado de teixugos salvaxes no sueste de Inglaterra. Intentando facilitar o sacrificio e deter a resistencia, a policía reforza os intereses da industria agrícola e das clases terratenentes. Esperamos que esta sexa unha das moitas rebelións en contra desta matanza. Porque o Estado e as forzas de seguridade corporativas forman parte integral deste mundo de explotación e autoridade.

Os nosos mellores desexos para o anarquista grego Kostas Sakkas que se está a recuperar dunha exitosa folga de fame para a súa liberación da preventiva despois de 30 meses secuestrado.

A loita seguirá ata que todo sexa salvaxe e libre.

Célula dxs raposxs enfadadxs en colaboración con ACAB

No hay comentarios:

Publicar un comentario