A cidade de Córdoba ten 17.562 vivendas baleiras, segundo os últimos datos do INE. No conxunto de Andalucía, calcúlase que son 700.000 (1). Nun rápido paseo pola Axerquía, entre a Corredía e San Lorenzo, son numerosas as casas nas que non vive ninguén. Antes podíanse localizar polo mal estado das súas fachadas, as ventás tapiadas ou as persianas sempre baixadas. Agora pódense encontrar polas pintadas que locen nas súas paredes destapadas.
A imaxe esquemática dunha casa. Co seu tellado a dúas augas e o seu asomo de cheminea a un lado. E unha mensaxe: casa sen xente, xente sen casa, habitando o seu interior. Así é a marca vermella, o selo identificativo que dende hai unhas semanas locen moitas destas vivendas desaproveitadas. Un drama que se volve máis sangrante cando miles de familias perderon o teito onde vivían a causa dos desafiuzamentos hipotecarios.
A campaña de denuncia e visibilización é anónima e non está reivindicada por ningún grupo concreto. Pero coincide na súa crítica co mesmo extremo que leva meses poñendo enriba da mesa plataformas cidadás como Stop Desafiuzamentos. Rafael Blázquez, un dos seus voceiros, recoñece a capacidade de sensibilizacións que feitos así supoñen. "É indignate que miles de persoas se vexan na rúa cando hai un parque de vivendas baleiras tan enorme. Moitas delas son propiedade dos bancos", afirma.
As pintadas non describen a situación legal das vivendas. Non din se pertencen a unha entidade financeira ou a un particular. Algunhas delas, de feito, locen carteis de venda de empresas inmobiliarias. Pero aos seus pés, en vermello e tinta de spray, simplemente constátase o feito de que son casas baleiras. Vivendas que poderían acoller alguén e que non son o fogar de ninguén.
(1) Galiza, segundo a enquisa de Censo de Población e Vivendas de 2011 feita pública polo Instituto Nacional de Estadística, ten perto de 300 mil vivendas baleiras e é a comunidade con maior porcentaxe delas. No estado espanhol, a mesma enquisa de 2011 sinala que hai 3,4 millóns de vivendas baleiras. (información tirada de El País)
Noticia traducida e colada de Cordópolis por eDu
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario