16 may 2013

Joaquín Manrique, preso en Brians 2, en fase terminal.

Hai unhas semanas publicavamos acá en Abordaxe o chamado do "Grup de suport Joaquin Manrique", feito público no Indymedia Barcelona, en solidariedade con este compañeiro preso participante activo da Campaña Cárcere=Tortura, e contavamos que o seu estado de saúde era crítico e requiria con urxencia de tratamentos e medicamentos específicos, e denunciavamos que os mesmos foran entregados pola equipa médica dun xeito absolutamente deficitario ou mesmo nulo.

Agora vimos de saber que Joaquín está en fase terminal, e hai prevista unha Concentración ante a Fiscalia para reclamar a sua posta imediata en liberdade. Copiamos, traducimos e colamos da web da Campaña Carcere=Tortura:

O abandono sanitario en prisión é pena de morte encuberta!

Tras unha longa situación de abandono sanitario, o delicado estado de saude do compañeiro Joaquín Manrique, preso no CP de Brians, agravouse ata chegar a fase terminal.

Tras unha campaña de denuncia da sua situación, a prisión, a Direcció General de Serveis Penitenciaris e a xuiza, otorgaranlle o terceiro grado previo a sua liberdade condicional.

Ante este feito, a fiscalía recurriu, paralizando a sua saída de prisión ata que a xuiza dicte unha resolución. Isto supón condenar a morrer en prisión ao noso compañeiro.

O caso de Joaquín non é un caso aillado: o abandono sanitario é unha forma de tortura sistemática que sofren as persoas presas, especialmente como represalia dirixida contra as que luitan e se rebelan.

Condenar a morrer en prisión é un instrumento máis entre as sádicas políticas penintenciarias, utilizado para impoñer castigos exemplarizantes co fin de acalar a revolta.

Entrevista a Joaquín Manrique en "A las barricadas"

eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario