7 may 2013

Homenaxe ao desafiuzador do mes (A Coruña)

O pasado sábado realizouse na Coruña unha satírica "homenaxe" a Antonio Erias, deputado do P.P. integrante da comisión parlamentaria encargada de mutilar de tal xeito a "Iniciativa Lexislativa Popular" contra os desafiuzamentos e pola Dación en Pagamento, que nin os seus promotores a recoñecen (de feito a "Plataforma de Afectados pola Hipoteca" pediu que se retire, posto que calquer parecido co orixinal é pura coincidencia).

Aquí deixamos a reportaxe que "GZvideos" realizou da irónica marcha ridiculista que, a xeito de "escrache" pero do revés, tivo como obxectivo a casa do diputado popular Antonio Erias... bueno, unha das casas do tiparraco este (onde está empadronado), posto que ten máis de cinco... pero logo non lle treme a man para lexislar deixando os pobres debaixo das pontes.


A protesta/homenaxe, que reuniu pouco máis de medio cento de persoas, transcorreu sen incidentes e con abundante cachondeo ante os atónitos ollos dos veciños e transeúntes, que alucinaron vendo á máis sarcástica cuadrilla de pijos e banqueiros empapelar o portal de tan insigne PPero entre cánticos ridículos e casposos himnos patrióticos.

O acto convocábao a "Plataforma de Afectados polos Escraches", que poucos días antes publicitábao a través do seu blog (-Aquí) tras varias semanas encartelando a cidade cuns enigmáticos cartaces anunciando unha "homenaxe ao desahuciador do mes" nos que non revelaban a identidade do destinatario.

C.R.

1 comentario:

  1. Num primeiro momento piquei com a idioma utilizada ( parvo de mim!!), é claro que usarom o castelám era para ridiculizar !!.

    Evidentemente, na altura, usar o castelám numha manifa é só coisa de Galicia Bilingues e colaterais (ou nom?).

    Acho que a dia de hoje tirar do castelám nas reivindicaçons sociais só pode ser sinónimo de "retroceso".

    ResponderEliminar