6 may 2013

[Compostela] Martes 7 às 20:00' - Volta o Cinema-Forum "A Ghavilla" con o filme "Amor e Anarquía"

Depois de un breve parón co gallo do 1º de maio, volta o Cinema-Forum "A Ghavilla" con a proxeción deste filme italiano dirixido por Lina Wertmüller en 1973, que remontase à Italia fascista de Mussolini pouco antes do inicio da Segunda Guerra Mundial, cando Gianini, un desconhecido, chega a un burdel romano. Salomé, prostituta e anarquista, presentao como o seu curmán Antonio Soffiantini, alcumado Tunin. Na realidade, este desconhecido é un campesino chegado a Roma para matar a Benito Mussolini, pero a sua actitude política nunca é definida claramente. Ademáis, non parece identificarse con as opinions revolucionarias de Salomé. Na atmósfera erótica e libre do burdel, Tunin espera o día do asasinato entanto namorase doutra das prostitutas, Tripolina.

O filme é umha sorte de traxicomedia onde a directora mixtura a ficción con a historia no contexto social que rodeou ao réxime fascista de Mussolini en harmonía con a escola da comedia italiana deses anos. O resultado é moi alentador pois desacraliza, incluso, a santa militancia anarquista italiana para ofrecernos un vistazo as veces descarnado e as veces malicioso. O humano, en relación ao anarquismo, fica ao descuberto no desenvolvimento de temas coma o amor e a militancia, a prostitución e a muller-obxecto e o fascismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario