2 may 2013

1º de Maio anarquista en Lugo


Ao redor dun centenar de persoas déronse cita onte en Lugo en conmemoración da simbólica data do primeiro de maio. A primeira manifestación anarquista na cidade dende o 1º de maio de 1934, segundo dixo un xornalista que cubriu o evento.

Os manifestantes, con bandeiras negras e cadaleitos representativos dos mártires de Haymarket, partiron ás seis e media da tarde da praza de Horta do Seminario para percorrer as rúas do centro, circunvalando a muralla, ata o parque da Milagrosa. Alí léronse varios manifestos antes de desconvocar finalmente o evento. Dúas furgonetas de antidisturbios vixiaron de preto os manifestantes, unha vixilancia moito maior que a acaparada polas moito máis numerosas procesións sindicaleras da mañá.

Convocada sen siglas e baixo a xenérica consigna de "manifestación libertaria galega" transcurriu baixo o lema "Nada que festexar, moito polo que loitar" entre consignas anticapitalistas, antirrepresivas, pola autoxestión ou contra os cárceres e os sindicatos. Rematou a tardiña sen máis contratempos que a queima accidental do globo de papel, decorado cunha "A" circulada, con cuxo lanzamento se pretendía finalizar o acto.

Escasa asistencia para a única manifestación exclusivamente anarquista deste 1º de Maio en Galiza, que, como non podía ser doutro xeito, non se soubo librar das sempiternas polémicas que acompañan ao noso alegre movemento.

C.R.

5 comentarios:

  1. Que fácil é dicir que foi a única manifestación anarquista cando sodes vós os que dades o carnet de anarquista.
    Como diciían no Monkey Island "cando só hai un candidato só hai una elección".

    Aqui unha foto dunha mani en Vigo, claro, non anarquista...
    https://www.facebook.com/photo.php?fbid=565478390164043&set=pcb.565479366830612

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Na noticia pon "exclusivamente anarquista" no enlace ao que remites pon: "o SOV da CNT de Vigo manifestouse EN COMPAÑIA DE DIVERSOS COLECTIVOS SOCIAIS DA CIDADE para...", ti mesmo te respondes.
      Hai tempo, non sei agora, vós mesmos chamabades á FAI "a organización específica", posto que a CNT non era tal cousa, se non un sindicato de metodoloxía libertaria pero ao que non era preciso ser anarquista para afiliarse. Se isto sempre foi así, non sei eu porque razón agora vos parece mal que se diferencie a convocatoria de Lugo como a única "exclusivamente anarquista" (ou sexa sin ningunha outra consideración a parte do anarquismo).
      Por outra banda, sobre o tema dos carnés, na manifestación de Lugo había xente de CNT coas súas propias bandeiras e a ninguén se lle vetou a entrada. De feito fíxose pola tarde para que cada quen puidese ir pola mañá á manifestación que considerara oportuno sen prexuízo de participar pola tarde noutra sen siglas "exclusivamente anarquista".

      Eliminar
    2. Ah pero.. logo a CNT é unha organización anarquista? AGORA ME ENTERO NENO.

      Eliminar
  2. Compañeiras, dicir que as movilizacións dos sindicatos fóron procesións, cando o voso foi un paseo con ataudes e caras de mártires... non sei eu se é moi axeitado.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa te digo! Só faltaron as plañideras!

      Eliminar