23 abr 2013

[URXENTE] Joaquin Manrique en estado grave de saude. Solidariedade e campaña de envio de faxes

O "Grup de suport Joaquin Manrique" publicou en Indymedia Barcelona este chamamento en solidariedade activa con Joaquin Manrique, preso en Brians 2 e participante activo da Campaña Cárcere= Tortura, que reproducimos (unha vez traducido).

Envio de FAX do 22 ao 26 de ABRIL.

Fax CP Brians 2: 936935013
Fax SGIP: 913354052
Fax Xulgado de Vixilancia Nº5: 935548749
Fax colexio Medico: 935678899

Proposta de Modelo de FAX:

JOAQUIN MANRIQUE NON ESTA SÓ, SOLIDARIEDADE CON XS PREXS EN LUITA¡¡¡¡

Joaquín Manrique encóntrase no modular de enfermaría do cárcere de Brians 2. O seu estado de saúde é crítico e require con urxencia de tratamentos e medicamentos específicos os cales foron entregados polo equipo médico de forma absolutamente deficitaria ou nula. A súa saúde empeora cada día, e sonlle denegados os permisos e o terceiro grao de xeito sistemático.

El tivo un rol activo dentro da campaña Cárcere = Tortura denunciando situacións de maltrato principalmente no cárcere de Lledoners, polo cal consideramos que este posicionamento político dentro do cárcere determinou o tipo de trato e atención que recibiu por parte dos funcionarios-carcereiros.

Fronte a estas situacións de irregularidades médicas interpuxeronse dúas queixas no Xulgado de Vixilancia n.º 5 de Barcelona (outubro 2012 e xaneiro 2013) sen ter repercusións substanciais nas demandas de mellora de atención. É por isto que conxuntamente coa ofensiva xudicial que se seguirá realizando, queremos denunciar con todas as nosas forzas a súa situación de abandono por parte do persoal médico de Brians 2 como consecuencia directa da súa determinación en denunciar situacións de maltratos e torturas ao interior dos cárceres, deixando claro que Joaquín non está só e que en resonancia co seu berro de preso en loita fronte a unha maquinaria de opresión e tortura carceraria, faremos eco da súa ousadía, apoiándoo nesta delicada situación, esixindo de forma inmediata unha atención acorde ás súas necesidades.

Así tamén de forma categórica esiximos que el poida acceder a permisos e ao terceiro grao por motivos de enfermidade grave considerando que a súa situación xustifica plenamente esta esixencia. Con esta demanda especifica queremos abrazar tamén a todos/as os/as presos/as que se encontra en condicións graves de saúde, esixindo a súa liberdade inmediata

A situación de Joaquín evidencia como os cárceres non só por esencia son xeradores de enfermidades, senón que ao mesmo tempo as precarias condicións de atención en saúde, tanto do persoal médico coma das condicións infraestructurais, deben considerarse como pezas máis desta maquinaria de tortura onde os médicos funcionarios pasan a ser os seus cómplices directos. É máis, nalgúns casos os médicos foron torturadores directos como foi o que sucedeu tras o motín de Quatre Camins o ano 2004: en maio deste ano realizarase un xuízo contra 9 carcereiros por torturas tras este motín, entre eles, o subdirector médico deste cárcere naquela época.

O CARCERE TORTURA E ASASINA... E OS SEUS FUNCIONARIOS MÉDICOS SON CÓMPLICES

No hay comentarios:

Publicar un comentario