Colado e traducido de Gilbertalacalle
Dous anos despois da chegada de Gilbert a Francia comprendemos unha cousa; non sairá de prisión, polo menos non se Francia pode evitalo.
Cansámonos de denunciar dende o principio as irregularidades e faltas de procedemento que se cometeron no proceso de extradición. Pero ningún xuíz quere estatuar unhas faltas que sancionarían os seus "compañeiros" de xulgado. Tampouco hai ningún avogado disposto a esa defensa, a unha defensa que denuncie o carácter delituoso de todo o procedemento. Como tampouco encontramos ningún avogado que queira levar o devandito caso ante o Tribunal de Dereitos Humanos Europeo.
Todos os avogados que tivemos no proceso se empeñaron en que solicitemos un "amenagement" (unha especie de refundición ao francés) que supoñería saír con pulseira, traballo e seguimento. Tamén o solicitamos e foi denegado. Os xuíces sinalan moito o feito de que Gilbert se negue a traballar, pero esquécense que o esta nunha prisión onde traballar significa fabricar as botas dos carcereiros ou os aramados do cárcere.
Gilbert cumpriu 50 anos e leva 30 en prisión. 16 deles metido nun búnker de illamento. E xa sabemos as condicións destes búnkeres e a súa violencia cotiá.
A condena de 4 anos pola fuga en helicóptero foi reducida a 2 anos na apelación a Pau. E agora debemos ir ao Tribunal de Casación. En Francia o teu podes ter un avogado para moitas cousas, pero para ir a Casación, necesitas un avogado de Casación, así como para ir a Europa, necesitas un avogado de Tribunal Europeo, cuxos custos van ascendendo. Solicitamos a axuda xurídica e denegáronnola por pagar os anteriores avogados con axuda de caixas de resistencia. Disto iso deducen que temos solvencia económica.
Poderiamos demostrar que non é así... e ao final estariamos a xogar ao xogo que mais lle gusta a Francia; denegar por sistema, atrasar as resolucións e alongar a túa condena todo o posible. e como os avogados non teñen ningunha intención de poñerse a mal coa xustiza... Aquí temos a todo os membros do sistema xudicial francés xogando coa vida dun.
En resumo; pasando polo seu sistema vemos que non hai intención de liberdade para Gilbert. E denunciando o seu sistema non sabemos se hai oportunidade porque non temos avogado para intentalo e non sabemos se existen avogados así en Francia. Polo tanto a situación está paralizada.
O que non está paralizado é a nosa rabia e o noso odio, que creceu. E as nosas vidas partidas. E o noso desprezo e noxo pola hipocrisía francesa. E o noso esgotamento de tantos anos de loita por ver a rúa.... porque a liberdade... ese concepto xa non existe no noso mundo... máis que no fondo dos nosos corazóns.
O que parece ignorar o Estado Francés son as consecuencias potenciais que existen cando espremes a vida dun home libre. Eles están afeitos a que o seu sistema funcione á perfección... a que os rebeldes se sometan, a destruír os ápices de enfrontamento contra o sistema e a destruír os sonos da clase dominada. Pero un home libre, é un home libre... e é irredutible... posúe algo que ningún Estado pode alcanzar. Un home libre é incapaz de someterse... e se se empeñan niso ... antes que claudicar, conseguirán que se volva TOLO e libere a súa rabia.
E Gilbert garda no seu interior a ira de 30 anos de vexacións e torturas, asilamento e morte, compañeiros asasinados ou inducidos ao suicidio. Como se pode esquecer? E como se pode esquecer cando 30 anos dos teus 50 foron así?
Aínda Que ben o sabemos todos... poucas vinganzas superan ao salvaxismo vingativo do sistema e especialmente a Republica Francesa. Penso que aínda non alcanzamos semellante asañamento e premeditación. Aínda somos todavía; demasiado bos.
A compañeira de Gilbert Ghislain.
gilbertarue@yahoo.es
Para axudas económicas
-2100 5875 87 0200043581 . La Caixa (España)
-20041 01016 1302461k037 06 La Banque Postale (Francia)
10 abr 2013
[Francia] Gilbert Ghislain, non sairá de prisión.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario