Onte, co gallo do debate no congreso da ILP sobre a dación en pago, multitud de cidades do estado rexistraron manifestacións diante das sedes do Partido Popular. Polo menos tres capitais galegas secundaron a protesta: Coruña, Lugo e Compostela.
Na manifestación da Coruña, convocada por Stop Desahucios, a tentativa de identificación masiva de todos os concentrados orixinou momentos de tensión, empurróns e forcexeos cos antidisturbios. Finalmente non houbo ningún detido, aínda que identificaron a maioría dos congregados e, segundo o dito polo xefe do operativo policíaco, propoñerán para sanción a todos os participantes por "concentración ilegal".
Arriba destas liñas deixamos a reportaxe de Galiza Contrainfo sobre a concentración da Coruña. Despois de "leer más" tedes outro vídeo que recolle os momentos de maior tensión, cando os antidisturbios se levaban a un dos manifestantes que, finalmente e por sorte, non foi detido:
C.R.
10 abr 2013
Forcexeos na concentración de Stop Desahucios de A Coruña
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario