Hoxe xoves 11 de abril dá comezo ao ciclo de cine titulado «Socialmente programadxs? Como non sucumbir ao experimento do elevador» que terá lugar todos os xoves ás 19.30 puntual (non punktual).
Ademais, prepararemos unha kafeta con tés, café e infusións naturais e doce e salgado para escoller coa fin de sacar cartos para a loita anticarceraria (copias de material de difusión, viaxes aos cárceres, apoio a familiares, etc.). Tamén montaremos unha mesa informativa sobre a cadea e outros materiais que poidan ser de interese.
Como non, é unha boa excusa para achegarse á casa e ao proxecto!
C.S.O. Casa do Vento, o espazo liberado de Compostela, en rueiro de Figueiriñas (ao carón do Sarela)
Clicade para saber os filmes programados acá en
ABRIL
Xoves 11 .- "The National Anthem" (O Himno Nacional) Charlie Brooker (Gran Bretaña, 2011)
"15 Million Merits" (15 Millóns de Méritos) Charlie Brooker (Gran Bretaña, 2011)
Xoves 18 .- "Manderlay" Lars von Trier (Dinamarca, 2005)
Xoves 25 .- "Strings" (Cordas) Anders Rønnow Klarlund (Dinamarca, 2004)
MAIO
Xoves 2 .- "Linguas Cruzadas" Documental María Yañez e Mónica Ares (Galiza, 2007)
No hay comentarios:
Publicar un comentario