10 mar 2013

Pedir o número de placa

O outro día transcendeu na prensa, e nós fixémonos eco aquí, que tres persoas foron imputadas polo xulgado número 3 da Coruña en relación co desafiuzamento de Aurelia Rey. As dilixencias por desobediencia estarían supostamente motivadas polo feito de impedir o paso a policías e bombeiros ao portal onde pretendían realizar o lanzamento. Pero a realidade é outra. Efectivamente un nutrido grupo de xente tratou de impedir que o camión de bombeiros requirido para cortar a cadea que aseguraba a entrada do portal accedese ao perímetro de seguridade co que a policía cercaba o inmoble. Efectivamente ese grupo de xente foi disolto a empuxóns pola policía. Pero non foi a estes a quen agora se imputa, se non a aqueles que, ante os empurróns e tiras e afrouxas entre madeiros e manifestantes, non tiveron outra ocorrencia ca de pedir aos policías o seu número de placa.

Sabemos que as intencións destes tres cándidos activistas eran boas, que era a súa forma de axudar, e dende aquí evidentemente solidarizámonos con eles e coa súa desgracia. Pero tamén nos gustaría reflexionar sobre algunhas actuacións amplamente estendidas no novo panorama contestatario "chachi-guachi", e que nós xulgamos absurdas e contraproducentes.

Para empezar, a actuación dos axentes non foi desproporcionada, nin moito menos. Os manifestantes trataron de impedir a chegada dos bombeiros bloqueando a rúa e os antidisturbios apartáronos a un lado. Para aqueles que estamos afeitos a padecer intervencións policiais o único sorprendente é que non nos inflasen a hostias (o que posiblemente se explique pola desmesurada presenza de medios informativos e a sensibilidade pública cara ao tema), o raro é que ninguén acabase coa cabeza aberta.

Quere isto dicir que defendemos a actuación da policía? Por suposto que non, a única actuación da policía que dende aquí imos defender será cando se tiren por un barranco. Pero as cousas polo seu nome. A verdade é que neste caso os madeiros actuaron con bastante profesionalidade e axustados aos seus propios regulamentos, que, por outra banda, acostuman a pasarse polo forro.

O problema vén de que algunhas almas cándidas creron todo ese rollo da transición e da democracia, pensando que aqueles policías franquistas das torturas e as malleiras, imbuídos polo espírito "buenrrollero" dos setenta, se transmutaron maxicamente en amigables e tolerantes funcionarios ao servizo da cidadanía. A verdade é que non deixo de marabillarme da forma en que, a través da asignatura de "educación para a cidadanía" e das series televisivas, conseguiron convencer ao común dos mortais de que a policía arranca confesións con piruetas dialécticas, disolve manifestacións con bonitas palabras e mantén a paz social baixando gatiños das árbores.

Pois non, amigos, non. Pedindo o número de placa a un policía o máis que podes conseguir, no mellor dos casos, é cabrealo. Mentres que el, pedíndoche a ti o D.N.I., cousa que fará de seguro despois da túa impertinente petición, pódete meter un puro que se che vai a olla amparado pola máis peregrina das acusacións que se lle poidan ocorrer. Posto que el ten "presunción de veracidade", ousexa que nun xuízo o que el diga vai a misa e o que ti digas non vale unha merda.

Pode que en certas situacións, cando a multa ou sanción xa non cha quita nin deus, sexa conveniente intentar conseguir o número de placa do policía en cuestión; por iso de poder utilizalo para un eventual recurso xudicial. Mellor sempre facelo sen que o madeiro se decate, se é que a cousa é posible. Pero usar a petición do número de placa antes de seres identificado, como quen di "que coñezo os meus dereitos", ao máis puro estilo resabidillo, non só reforza a sensación de confianza nun suposto "estado de dereito" que en realidade nunca existiu, se non que só pódete carrexar nefastas consecuencias.

Así que aquí vai a nosa recomendación: Se o que queres é foder a un madeiro, dálle cun ladrillo na cabeza e logo sal correndo. Posto que competindo con el a ver quen sabe máis de leis ou xogando ao xogo de "que te denuncio, non que te denuncio eu" é seguro que levas as de perder. E se non podes darlle co ladrillo (ou non podes saír correndo) pois fai o que teñas que facer, pero non discutas con el, porque NON, NON son parte do pobo, NON son pacifistas, NON son os teus amigos e NON se van poñer do teu lado na loita contra o poder.

C.R.

Sobre os sucesos relativos ao desafiuzamento de Aurelia Rey neste blog fixemos unha crónica reflexión que podedes consultar -Aquí.

2 comentarios:

  1. Conachudo, caralhudo artigo, irmã@s libertári@s, parabéns.
    Saúde e Rebeldia

    ResponderEliminar
  2. Co voso permiso, e en concreto co permiso da persoa autora, traducín e copiei o artigo, citándovos coma fonte:

    http://vozcomoarma.blogspot.com/2013/03/sobre-pedir-el-numero-de-placa-los.html

    Agardo non vos moleste, de ser así avisade e quitareino. Graciñas.

    ResponderEliminar