Colamos, depois de traducido, esta editorial da web de AFAPREMA (Asociación de Familiares e Amigxs de Presxs en Madrid)
O desvío "legal" do diñeiro público ás arcas privadas dunhas cantas empresas (sempre as mesmas por certo) para enriquecer uns empresarios (sempre os mesmos por certo) co diñeiro de todos nós, non é nada novo. A privatización dos cárceres é o negociazo do século, algo parecido ao que xa son os desastrosos centros de menores. Fagan cálculos. Case 80 cárceres en España, algunhas con máis de 1.500 persoas presas consumindo produtos, luz, auga... encerradxs, sen máis alternativa que consumir o que outros deciden, traballar polo prezo que outros poñen... un ano tras outro e tras outro. Sempre hai persoas presas, e se non as houbese... búscanse! Que empresas participan en toda este deseño, construción e abastecemento dos cárceres? Alguén puido velo nalgún sitio? Nós non... é público? Si... pero non... Onde está publicado? Por que non se achega esa información? A realidade é que é un negocio que non vive crise... Finalmente os cárceres privatízanse xerando primeiro a idea de que nos sae moi caro cada persoa presa, para logo argumentar que nos sairá máis barata a opción privada ao resto da sociedade (cando o que nos sairía moito máis económico sería revisar con seriedade a quen e por que están presas as persoas que hai dentro -a maioría por delitos contra a propiedade e por delitos contra a saúde pública- e se realmente, a estas persoas non se lles podería substituír estas penas de cárcere por outras medidas que beneficien realmente á sociedade). Por que non se fai? Pois dá que pensar... O negocio dos macrocárceres está servido. Neste contexto, xa no mes de abril comezaremos a ver a privatización dunha parte: vixilantes de varias empresas de seguridade privada constituíron unha UTE (unión temporal de empresas) e van conseguir a seguridade exterior dos cárceres, tal como informaramos neste mesmo blogue de Abordaxe
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario