Un correo chegado ao noso mail infórmanos da rotura e incendio dun caixeiro de Nova Galicia Banco en Pontevedra así como de varias marteladas contra a vidreira dunha oficina de recadación de multas da mesma cidade. A sabotaxe, reivindicada por "energhúmenos salvaxes", enmárcase na campaña de solidariedade con Alfon, preso en Madrid dende a última Folga Xeral acusado de levar material inflamable.
Aquí deixámosvos o comunicado tal e como o recibimos e as fotos que traía adxuntas:
Unha pequena aportación á xornada de loita internacional convocada o pasado 28 de decembro en solidaridade con Alfon, rapaz detido durante a folga xeral do 14-N que permanece nun réxime FIES dende fai case dous meses por protestar contra as políticas neo-liberáis do réxime.
Na madrugada do 28 de decembro, na cidade de Pontevedra algúns anarquistas saboteamos o caixeiro automático da sucursal de Nova Galicia Banco situada a carón da subdelegación do goberno e ó lado da facultade de belas artes. Golpeamos con martelos a pantalla ata rompela e abrir un burato nela e acto seguido rociámola con líquido inflamable para prenderlle lume. Ainda que a llama non foi moi potente e non tardou en apagarse, agravou máis todavía o dano causado na pantalla. Na nosa retirada tamén pegamos varios martillazos ó cristal da fachada da oficina de recadación de multas que se atopa na mesma rúa e que quedou con varias marcas de golpes.
Con esta acción amosamos o noso profundo odio cara este sistema asasino e as súas estructuras e damos rienda solta á nosa raiba nestes momentos nos que o patético e mediocre espíritu navideño embauca a vontade das masas consumidoras. Ó mesmo tempo, mandamos un caluroso saúdo a Alfon e a todos e todas as que deron e seguen dando o callo nas rúas, a pesar de todo.
Dirixíndonos cara os bastardos que moven os fíos e rixen as nosas vidas con descaro e represión: A vosa falsa paz opresiva de eterna vixiancia é tan fráxil e tan volátil que estamos namorados do acto de desafiala. Caerá, algún día caerá, e nós estaremos ahí para velo e para participar. Non vos temos medo. Isto non é máis que o puto principio...
Tamén dedicamos isto ás persoas afectadas polo "corralito" que Nova Galicia Banco ten montado e que fai uns días interrumpiron un pleno no parlamento galego ameazando á casta política e deixando ben claras as súas intencións.
Vémonos nas rúas...
ENERGHÚMENOS SALVAXES
2 ene 2013
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario