Co mes de novembro o CSA "A Cova dos Ratos" volve a ofrecer un ciclo de proxeccións que comezan hoxe xoves 8 nov a partires das 20h30 coa proxección da película:
- "CIDADE DE DEUS".
Brasil, 2002, Drama Criminal. Dirixida por Fernando Meirelles e Kátia Lund. Foi adaptada dunha novela do mesmo nome de Paulo Lins, baseada nunha historia real e publicada no 1997.
A película céntrase na guerra entre Zé Pequeño e Mané Galinha, nunha favela de Río de Janeiro chamada «Cidade de Deus». A frase que identificou á película foi: "Loita e nunca sobrevivirás... Corre e nunca escaparás...". Moitos dos actores, foron residentes de favelas, mesmo da propia Cidade de Deus.
As seguintes proxeccións serán:
15 novembro "INVISIBLES"
España, 2007. Producida por Javier Bardem co apoio de Médicos Sen Fronteiras. Dirixida por Mariano Barroso, Isabel Coixet, Javier Corcuera, Fernando León de Aranoa e Wim Wenders.
É un achegamento por parte destes 5 directores a aquelas persoas que residen no noso esquecemento. Un desexo de dar voz a varios dos que se quedaron mudos pola indiferencia. E unha humilde homenaxe a esas outras persoas que nunca apartaron a mirada delas.
22 novembro "BORN INTO BROTHELS"
USA, 2004. dirixida por Zana Briski e Ross Kauffman.
O filme mostra a aventura da fotógrafa inglesa Zana Briski no barrio vermello de Calcuta . Alí coñece a un grupo de nenos, fillos das prostitutas que traballan nese sector. Briski simpatiza con eles ensínalles fotografía, regálalles cámaras e os leva a coñécer o mar. Logo organiza unha exposición artística coas mellores imaxes tomadas polos nenos. Posteriormente, intenta sacalos da pobreza na que viven e levalos a unha escola.
29 novembro CATRO CURTAS SOBRE POR QUÉ AS PERSOAS MIGRAMOS E O QUE ACONTECE CANDO O FACEMOS. Achegarémonos primeiro a unha vila de Senegal, para voar despois ás cidades de Madrid e París.
Duración – 52 minutos
“Kaolack” (5′). Miriam Do Roxo e Area Erina.
“Redadas racistas en Madrid” (12′). Edu León, Olmo Calvo e David Fernández.
“Le mond est a nuds” (26′). Banlieus Hack Movies-Coleurs.
“Chino” (9’’). Rogelio Sastre Rosa.
Organiza: Raias Traveseiras
Local das Proxeccións: CSA Cova do Ratos r/Romil,3 VIGO
+info: G.A.S.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario