Mateo Duran, Leah Plante-Lynn y Katherine Olejnik ingresaron recentemente en prisión por negarse a falar diante dun tribunal federal sobre as súas actividades políticas e as dos seus compañeirxs. Xs tres activistas anarquistas, investigados polos disturbios ocurridos durante o último Primeiro de Maio en Seattle, non entraron na cadea por realizar actos delictivos concretos, senon pola súa negativa a facilitar datos sobre o movemento anarquista que puidesen incriminar dalgún xeito a outrxs compañeirxs.
Pese a que a quinta enmenda da constitución norteamericana otorga o dereito a non declarar contra un mesmx, o feito de que o gran xurado ofrecéralles inmunidade no caso, pretendendo utilizar as suas declaracións únicamente para acusar a outrxs, invalida ese dereito. É así que xs tres atópanse agora nun centro de detención federal preto do “Seattle-Tacoma International Airport” como xeito de chantaxe para obligalxs a declarar.
Aínda que os delitos de vandalismo polos que este tribunal federal norteamericano citou a estxs tres activistas sucederon durante unha manifestación do último primeiro de maio en Seattle, ao parecer a formación deste gran xurado antecede en dous meses a estes sucesos. Así que todo isto semella máis ben a unha Mchartiana caza de bruxas, destinada á persecución ideolóxica do anarquismo, que a unha verdadeira investigación criminal. Extremo que vese reforzado polo feito de que o material incautado durante os rexistros fose ordenadores e literatura anarquista, non capuchas, martelos ou utensilios cos que cometer actos vandálicos.
Pese ao secreto decretado para as investigacións do tribunal, trascendeu que as detencións poderían ter relación coas mensaxes dos móviles dxs detidxs, que os situarían no lugar dos feitos.
<
Nova elaborada por C.R. con información da prensa comercial Ianki, da páxina http://anarchistnews.org
e de http://nopoliticalrepression.wordpress.com/, blog en defensa dxs detidxs.
No hay comentarios:
Publicar un comentario