Este sábado 13 de outubro, como o ano pasado o día 15 do mesmo mes, celebrarase en centos de cidades arredor do mundo o "global noise", ruido global, manifestacións ruidosas de protesta que irmandarán a distintos movementos antagonistas de todas partes do globo nun sonoro rexeitamento á estafa global que padecemos.
Na cidade de A Coruña diversos movementos sociais daranse cita este sábado 13 de outubro ás 18:00h na Praza de Ourense para marchar polas rúas baixo o lema principal de "Contra a dictadura do capital" e o secundario "Non debemos non pagamos" (alusivo á Semana de Acción Global contra a Débeda e as Institucións Financeiras Internacionais que remata o domingo 14).
Dende Abordaxe cónstanos que haberá un sector anarquista dentro da mani que levará a sua propias faixa.
C.R.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario