Tras da recente liberación de Silvia Guerini e Luca Bernasconi (Billy), agora chegoulle o turno a Constantino Ragusa (Costa), o último dos tres activistas anarco ecoloxistas detidos preto de Zurich en abril do 2010, cando preparaban un atentado contra un edificio da multinacional IBM adicado a investigacións de nanotecnoloxia e biotecnoloxia. No momento da súa detención portaban material incendiario e explosivo e un comunicado asinado polo ELF (siglas en ingles do Frente de Liberación da Terra) referido a nanotecnoloxia, polo que foron condeados a penas de entre tres anos e medio e tres anos e oito meses de prisión.
Durante a súa estancia en diversos cárceres suízos mantiveron unha actitude digna e combativa, participando en protestas e folgas de fame xunto con Marco Camenisch, outro irreductible preso anarquista suízo que aínda permanece na cadea (máis info sobre Marco -AQUÍ).
Durante o cativerio destes tres activistas producíronse numerosas accións de solidaridade arredor do mundo, algunha delas no estado español.
Máis información sobre o caso de Silvia, Billy e Costa -AQUÍ en Semillas de Liberación.
C.R.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario