25 sept 2012

Plataforma de traballadores contra incendios forestais convoca manifestación para o 29S

É un feito a constante precarización e a paulatina privatización do servizo galego de defensa contra os incendios forestais. Se o bipartito deu o pistoletazo de saída coa creación de SEAGA, unha empresa pública (pero empresa á fin e ao cabo) que serviulle de ETT no tocante a contratación do persoal de reforzo na defensa e na extinción, agora o PP asestou o "coup de grâce" coa contratación de empresas 100% privadas na loita contra os lumes na galiza. Pois si, durante a presente campaña da temporada estival de máximo risco, ademais do persoal contratado pola administración de xeito directo e a través de SEAGA (de capital público e con listas abertas ao xeito das da Xunta), este ano dous tercios do dispositivo de reforzo contratounos a empresa semipública (a nivel estatal) TRAGSA e, no tocante as brigadas helitranspotadas, NATUTECNIA, totalmente privada.

 Parece mentira que dende a administración non se decaten de que coa privatización das emerxencias cométese un grave erro; pois no momento no que apagar lumes convértese nun negocio, o feito de prendelos faise parte da mesma lucrativa empresa. Ou quizais si que se dan conta pero impórtalles un carallo.
----------------------------------------------------------

Para loitar contra a privatización do servizo e contra o paulatino deterioro das condicións laborais, varios sindicatos e agrupacións profesionais da loita contra incendios, nos que atópanse representados traballadores de tódalas empresas antes mencionadas, constituíronse en plataforma e convocaron unha manifestación para este sábado 29 de setembro en Santiago de Compostela, con saída da estación de tren ás 11:30 h.

A devandita plataforma, de nome Plataforma en Defensa do Servizo Público de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, comeza así o seu calendario de movilizacións que presumiblemente continuará despois desta protesta buscando novas adesións doutras organizacións do sector.
Para máis información sobre a manifestación e a constitución da plataforma deixamos estos dous enlaces a páxina da anarcosindical C.N.T. (que forma parte da plataforma xunto a CIG, UGT, APROPIGA...) -AQUÍ e -AQUÍ e tamén a esta nova do portal contrainformativo "Diario Liberdade" -AQUÍ

 C.R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario