Recebemos no nosso correio esta convocatória da que damos devida conta:
O próximo día 26 de setembro, mércores, varios sindicatos, entre eles aCGT, teñen convocada unha Folga Xeral en Euskadi contra os recortes e as medidas antisociais do goberno. Os traballadores de Euskadi non queren xa seguir agardando pola decisión do sindicalismo pactista e consideran que xa non se pode esperar máis, que non pode haber nin máis dilacións nin máis distracións.
A CGT da Coruña, en coincidencia con esta data, convoca unha concentración na zona do Obelisco ás 19:30 horas, para amosar a súa solidariedade cos traballadores en loita de Euskadi e para continuar coa loita contra os recortes e as reformas antiobreiras do goberno se Mariano Rajoy. A CGT da Coruña fai un chamamento a todos os traballadores para que se mobilicen e acudan a esta concentración. O futuro depende de nós.
21 sept 2012
[A Coruña] Concentración en solidariedade coa Folga Xeral en Euskadi
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
dades noxo
ResponderEliminarSe pensas que dan noxo, porqué segues a mirar esta páxina, seica gozas da nausea? // Moi boa contrainfo compas! Saúde
ResponderEliminarrefírome a cgt parvo!
EliminarDaquela en troques de "dades noxo", deberías poñer "CGT da noxo", posto que do contrario estaste referindo ás persoas que administran este blogue, e se ben eu non as coñezo a todas, sí coñezo a algunhas delas e pódoche asegurar que as súas simpatías con CGT non son precisamente grandes...
EliminarEra só un apunte eh?, ti fai o que queiras...
Saúde.
mira neno! esa conclusión a sacas ti, porque te da a gana. se tas aburrido faite unha palla ou monta o indymedia
ResponderEliminarEu non saco conclusión ningunha. Non é o meu problema se non sabes expresarte, pero penso que se no blogue de Abordaxe pos "Dades noxo", das a entender que increpas á xente de Abordaxe, do mesmo xeito que se te metes na web da CGT e escribes o mesmo, das a entender que pensas que CGT da noxo. É unha mera cuestión de contextos, aínda que esta conversa é case tan absurda coma o "anarco"-sindicalismo de CGT, así que pola miña parte fica zanxada.
ResponderEliminarHala, a pastar.