27 ago 2012

Chourizada – Concentración contra os recortes na Coruña

Chegou ao noso correo a seguinte convocatoria, da que damos cumprida conta:

O vindeiro martes, 28 de agosto, ás 18 horas, a CGT da Coruña realizará no Obelisco unha chourizada-concentración contra os recortes e as agresións que estamos a sufrir a clase traballadora.

Con este acto, imos a dicirlles aos poderosos que non aturaremos que nos leven á ruína e á miseria, que non imos aceptar as súas mentiras e que a cada novo roubo e a cada agresión nos van ter enfronte. Acabemos cós chourizos, con aqueles que nos rouban, nos oprimen e nos explotan: cós políticos mentiráns, cós patróns negreiros, cós banqueiros ladróns, cós xuíces prevaricadores, …

23 comentarios:

  1. Semella que para ceivar a unha sociedade anestesiada é necesario ratificar a matanza e sometemento de animais.

    Así funciona a CGT...

    Confederación de Getas e Traidores.

    Eu sinto dicir que ver estas convocatorias na Abordaxe, ata me doe...

    ResponderEliminar
  2. Bom, eu fum quem colou a convocatória, pq chegou ao nosso correio, pq é umha convocatória dum sindicato que se auto-define como anarquista e pq nom é doado ponher límites ao que se publica ou nom, entanto haxa diversas opinions ao respeito.

    Lamento que isso dera para que alguém (o comentário foi borrado)denigre a umha das pessoas que se curram esta página (além crio que com pouco tino e por isso fago pública a autoria da entrada) e mesmo quem lançe dardos envelenados por publicitar esta convocatória (eu sego fidel à máxima de "nom matar ao mensageiro" mas é claro que é o mais doado desde o anonimato).

    Concordo em que a mim também doem-me, mas, qual é o límite??

    ResponderEliminar
  3. Por favor un mínimo de humildade e de liña editorial. Trátase dunha convocatoria que fai apoloxía do especismo por parte dun sindicato amarelo. ¿que pasa edu? ¿basta con dicirse anarquista e envíar cousas ao voso contacto para que sexan publicadas?.
    Non vou a poñerme a falar do que hai atrás da CGT nin do que significa e supón o especismo a estas alturas.
    Vos saberedes cara onde camiñades, se incluídes convocatorias desta organización no voso blogue e porque as considerades antiautoriataria, se non é así corrixeme. Se te doe ver este tipo de convocatorias ¿por que as aireas? e sobretodo ¿porque te doe?. Falando de límites, queda claro que vos non poñedes moitos, ¿o anarquismo non ten adxetivos?.
    Xa podedes anotar un terceiro molesto

    ResponderEliminar
  4. Un cuarto...

    Eu pola miña banda, non creo maduro o rollo de despotricar anónimamente (se increpas, polo menos da a cara, penso vamos, maila que cada quen que faga o que considere...) e non busco sementar discordia.

    Esta páxina teño que dicir que a min polo menos gústame bastante en xeral (unha opinión persoal coma outra calquera, tampouco pretendo facerlle a rosca ás persoas que nela traballan, a algunhas as coñezo, a outras non, e cada unha terás as súas sensibilidades e particularidades á hora de publicar, supoño). Sen embargo, concordo... promover o especismo e aínda por enriba, facelo para darlle bombo a unha convocatoria da CGT, paréceme ata certo punto vergoñento, e insisto, o digo sen sinalar nin ofender ó compañeiro Edu, que as túas razóns terías e vós saberedes como xestionar o voso blogue. Pero penso que alén de que o especismo non me parece anti-autoritario, direi tamén que a CGT hoxe en día creo que folga aclarar o "moito" que ten de anarquista.

    Saudiña...

    ResponderEliminar
  5. A ver, eu penso que non hai para tanto. Non me sinto moi vinculado á convocatoria nin polo sindicalismo que a sostén nin polo especismo que rezuma. Pero o feito de publicala non implica asumila como propia. A ferramenta dos comentarios está precisamente para o debate e a crítica, a censura non sei moi ben en que pode axudar á práctica da anarquía.
    Que a CGT non son antiautoritarios? Bueno, eles dín que sí. Outros dín que non, e argumentos non lles faltan. Seguro que dentro da CGT hai xente anarquista de boa fé que aínda non sabe porqué unha chourizada está reñida co antiautoritarismo, seica gustaríalles que alguén lles falase do especismo... ou incluso dos liberados sindicais.

    De tódolos xeitos é curioso ver como a xente se acende cando en Abordaxe se fala da CGT. Non se poñen tantas pegas cando se trata de accións do independentismo (en nada ligadas ao anarquismo); ou cando se publican noticias e convocatorias sobre os mineiros asturianos... e eses si que van da man dos sindicatos amarelos, o animalismo non saben nin o que é (si é que non se descojonan directamente dos vexetarianos), cáganse na máis elemental ecoloxía con tal de manter os seus postos de traballo e a anarquía parécelles unha cousa de flipados (porque a maioría votan tranquilamente cada catro anos).

    ResponderEliminar
  6. Recém na Itália um juiz determinou que as compas que levavam a página Culmine eram criminosos por publicar comunicados de açons da FAI-FRI, depois um deles, desde o cárcere, tirou um comunicado desvinculamdo-se de tais açons e aclarando que ele nom era nem ideólogo nem ejecutor de tais açons, e mesmo recorda ter criticado abertamente a linguagem da luita armada e com bo tino declara: "Com esta investigaçom quere-se estabelecer que um blogger seria penalmente responsável dos comunicados que publica, incluso quando som um copy-paste dos jornais do régime".

    Acá já nom som os juizes quem criminalizam às mensageiras senom as próprias leitoras desde o anonimato.

    Mas, em boa medida, posto que eu nom som vegano nem vegeta, e crio mais na resposta dum compa chileno que ante a pergunta de se comia carne respostou: "eu som pobre..., como de tudo".

    De seguro para quem criticades esta convocatória pola "chouriçada" sodes anarquistas 100% sem nengum adjectivo desqualificativo, e nom tendes nengumha prática diária da que nom estejades orgulhosas, nom sodes machistas, nem tendes mascotas animais a quem lhe dades de comer pensos animais e além estades na luita diária como estes debates tam productivos da internete, nom como essxs gregxs e italianxs que estám de cachondeio tudo o tempo.

    ah, por certo, alguém sabe como quedou o Barça??

    ResponderEliminar
  7. Respostando a Ndenadie e revisando a 4ª intervención nos comentarios, penso que non despotrico contra ninguén, ou polo menos non o pretendo, nin Tampouco increpar. Soamente me limito a preguntar por qué son publicadas éste tipo de convocatorias nunha revista anarquista e a dar a miña opinión persoal sobre dita convocatoria. Respeito ao do anonimato non sei que dis, porque que ti firmes con un pseudonimo
    non te fai coñecido aos ollos de todo o mundo. Ademais a opción do comentario baixo anonimato pode ser eliminada en blogspot polos xestores do blogue cando eles o vexan oportuno. Por outra banda dame igual a quen coñezas ou non, ese non e o meu fío de debate.
    Saúde e graciñas pola crítica

    ResponderEliminar
  8. Por outra banda eu non vin aquí a falar de por que a xente non se encende cando se publican novas de accion independentistas, aínda que penso que unha acción de sabotaxe contra unha estructura do poder dende unha perspectiva horizontal, pouco ten de autoritaria. Tampouco vin a falar de si ao mellor hai xente maja dentro da CGT . Eu falo do que significa a CGT en sí e a súa convocatoria

    ResponderEliminar
  9. E por último, agradezovos a vosa sinceridade. Eu non pretendo dicirlle a ninguén como xestionar Abordaxe, tan só pretendía suxerir que se por min fose este tipo de "post" non terían lugar en espacios como éste, e tamén quería intentar comprender que pensavades vos ao respeito. Dicirlle a edu que contradiccións temos todos pero iso non me impide debatir e dar a miña opinión. Tamén ten coidado co que afirmas dos compas gregos ou italianos, nin eles son superheroes nin nos uns catetos. As comparacións son odiosas, e idealizar así realidades que non coñeces de primeira man e un pouco perigoso.

    O barça non sei como quedou

    Si tan pobre eres non te preocupes que eu podo darte un par de consellos de como ter unha dieta carente de sofrimento animal sen ter apenas gastos, que por se non o sabes vives en europa e aquí polo de agora de fame non vas morrer. Se non podo convidarte eu mesmo que a pesar de non ter un soldo mensual vivo vexetariano e bastante mais en forma que moita xente. O de como carne porque son pobre vai a contarllo a outro.

    Sen mais

    ResponderEliminar
  10. En realidade, eu co de "se increpas..." referíame máis á persoa que Edu dicía que tiña comentado descalificando e cuio comentario foi borrado. No teu caso (supoño que eres a persoa que fixo o comentario que se atopa antes do meu anterior) estou bastante dacordo contigo. E pola outra banda, precisamente por iso prefiro expoñer a opinión sen descalificar, porque maila que use a miña conta persoal, iso non me fai coñecido.

    E por suposto, o dito. Todxs temos contradiccións, iso por descontado, pero as críticas (sempre que sexan constructivas, e non insultos gratuitos, claro está) contribúen a superalas, e no tema do veganismo non é menos.

    Eu persoalmente penso que unha convocatoria da CGT nun espazo anarquista, hoxe en día, non pinta nada, e menos se nela se promove abertamente o especismo. Anarquista unha organización sindical que ten afiliadxs carceleirxs? Eu, alén de que recoñezo as miñas contradiccións, por xente maja, a min tamén me consta que na CIG hai xente maja, pero non creo que nun blogue haia que divulgar as súas convocatorias, alén das folgas, que aínda que sexan pantomimas orquestradas polo poder, animan ó xurdimento de piquetes autónomos ou bloques críticos.

    De todos xeitos, son só opinións e o debate penso que ha de estar en outra parte, sexa sobre veganismo, sobre a CGT ou sobre a loita en Grecia ou en Italia.

    Saúdos a todxs.

    ResponderEliminar
  11. Cando no comentario anterior dixen "non creo que nun blogue haia que difundir as súas convocatorias", referíame a un blogue anarquista, que me comín unha palabriña xD

    ResponderEliminar
  12. home! imaxino que o de "dades noxo" irá mais ben pola CGT que por Abordaxe

    ResponderEliminar
  13. Ajá Edu, agora es pobre. Guai, invito-te a pasar os últimos dez meses sen chollo e os últimos oito sen cobrar nen un euro e logo ves a falarme de pobrema.

    O que es é o de sempre, agora fixecheste anarquista e vamos de superguai, pero non, amigo, non, eres o mesmo triste marxista de sempre, o mesmo manipulador, envenenador que fuches sempre. Por certo, o mesmo asasino de mensaxeiros nas tuas cupuliñas que fuches sempre.

    A ver se agora vamos a ter todos 21 anos.

    ResponderEliminar
  14. uy lo que me ha dicho mi amigo (ou será amiga?) !! : triste marxista, manipulador, envenenador e asasino de mensaxeiros. uy que no voy a poder dormir!!!.

    E à sério, onde digem eu que fosse pobre?? com a mesma haverá quem entresaque das minhas palavras que som chileno !!

    E nom, nom entra nos meus dogmas ser vegano, mas sempre fum respetuoso e mesmo fomentei o veganismo nos colectivos dos que participei e/ou participo ativamente. Som também moi inconsequente noutras muitas fazetas e poida que culpável de muitas outras, mas nem eu som filiado à CGT (nem a nengum outro sindicato) nem o feito de estar publicitada acá esta convocatória sinifique que em abordaxe estejamos pelo sofrimento animal. Sacar ponta a esta entrada com tanta animosidade cara quem nos curramos esta página, nom é de recibo, se bem nom justifica a minha má hóstia nas respostas. Sinto têr ofendido a quem fai do veganismo a sua vida, mas nom tudas temos as mesmas ideias ao respeito e nom crio que isso nos convirta em más pessoas.

    E nom magnifico a ninguém, mas dar-lhe tantas voltas a si a CGT fai umha chouriçada e se abordaxe nom deveria dar pulo a tais convocatória e que se damos nojo e se...

    Pois home e/ou mulher, ide a protestar à CGT !! e deixade em paz às mensageiras.

    Pero é o que tem o de publicar nesta rede e deixar abertos os comentários anónimos, que a ninguém se lhe ocorre enviar um comentário agradecendo as informaçons ou as convocatórias, mas em quanto sae algo publicado que nom é do seu agrado, arreciam as vozes discrepantes e anulantes.

    ResponderEliminar
  15. Só para rematar dezir-lhe ao meu amigo (ou á minha amiga) que se foi inocente até os 21 e sofreu muitos enganos até essa idade, nom isso converte às pessoas dessa idade em ingênuas.

    Eu conheço bem de-las, e de menos idade, que dia a dia ensinam-me a melhorar e a aprender da vida.

    A ver se agora imos a ser todas parvas.

    ResponderEliminar
  16. Non concordo en absoluto con os insultos e acusacións verquidas ao compañeiro Edu. Todos temos unha vida e unha evolución. A vida e un camiño cheo de erros, éxitos e ensaios.
    Acusar a un compañeiro como Edu de manipulador é pura maldade. O interesante sería que éste debate servise para clarificar distintas visións entorno ao sindicalismo, sobre todo por parte da liña editorial de Abordaxe.
    Por outra banda, si que teño escoitado e lido loubanzas á tarefa que fan os administradores deste blogue, o que nunca vin foi unha rectificación editorial, sempre, e digo sempre estades á defensiva e ningún ou poucos erros recoñecedes. Por iso repito o que comecei dicindo: un pouco de humildade e de liña editorial, que Abordaxe non sodes soamente vós. Que quen escrebe isto é un colaborador activo da revista, así que como pouco deberiades ter en conta as opinións.

    A xente que ven aquí a insultar ou descalificar non ten cabida. Nin os que chaman a un "asasino de mensaxeiros" nin os que preguntan por como quedou o Barça.

    Para levar adiante unha revista como esta deberiades clarificar mais a vosa liña, por exemplo mediante debates. Pero se fuxides de debates e vos xuntades para falar do sexo dos anxeles isto vai acabar parecendo o taboleiro de anuncios.

    Tantos anos de loita para desterrar o sindicalismo dos ambientes ácratas non van a botarse por terra porque algún iluso queira voltar a tempos que non teñen sentido como os da xuntanza libertaria etc, etc...

    ResponderEliminar
  17. oxtias!, e eu que pensaba que foran tantos anos (ou non) de loita para desterrar o capitalismo do mundo, e resulta que eran para desterrar o sindicalismo do anarquismo!. Xa se ven as prioridades da algunha xente!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. As miñas prioridades sempre estiveron claras neno! para min REVOLUCIONARIO é o prinicipal adxectivo do anarquismo. O sindicalismo é reformista en esencia.
      Por non falar do Anarcosindicalismo, toda unha contradicción, e o dano que fixeron as súas estructuras e os seus dirixentes, Si amigo, si, como les...Os seus dirixentes

      Eliminar
  18. Ó mellor é que o desterro do sindicalismo do anarquismo é parte da loita contra o capitalismo. Por definición, o sindicalismo e os posicionamentos revolucionarios non son conceptos compatibles, por moito que existan segundo que sindicatos "de clase" que non amosen remilgos en presentarse como revolucionarios. Dende a CIG ata a CNT, pasando por CUT e a CGT, o máximo ao que pode aspirar unha organización sindical dentro do eido do revolucionario, é a congregar a peña en torno a relacións burocráticas (máis ou menos evidentes, máis ou menos agochadas) e xestionar así un proceso polo cal unha certa élite intelectual asume unha posición de vangarda (pode recibir mil nomes, ou pode ser máis ou menos difícil de identificar) a través da cal remata levando unha voz máis cantante que a dxs demáis (e isto tamén pode ser máis ou menos ocultado, pero o conto é que, ó final, a verdade sempre sae á luz). Sen embargo, como xa dí o título dun texto esclarecedor no tocante a este debate: "Reformar esta realidade non nos vale". CNT molaba moito naqueles maravillosos anos '20 cando eran tempos de pistoleirismo e de loita real contra as patronais e xs mercenarixs do sindicato libre, pero aquilo morreu, e hoxe ben sabemos todxs o que quedou da CNT, tanto en Galiza coma noutras partes do Estado. Da CGT... bueno, case mellor nin falamos. Non negarei que en certos aspectos, por desgraza, os demáis eidos do anarquismo galego semellan non estar mellor, pero bueno... nós e as nosas miserias. Alén, o anarcosindicalismo hoxe en día non ten significado nin polo visto memoria...

    ResponderEliminar
  19. Contra o ESTADO-CAPITAL e os seus FALSOS OPOÑENTES

    ResponderEliminar
  20. http://abordaxerevista.blogspot.com.es/2012/05/con-el-enemigo-en-la-boca.html

    ResponderEliminar