5 jul 2012

Ponte Docu: proxección de RELIGULOUS hoxe en Ponteareas

Reproducimos a seguinte información chegada onte o nosos correo:

Este Xoves, 5 de xullo as 21h., proxección do documental "RELIGULOUS".
Este documental é un documental dirixido por Larry Charles e protagonizado polo humorista Bill Maher, no ano 2008. Cunha estrutura que combina o humor e a crítica, e a traves dunha serie de entrevistas que o protagonista fai percorrendo o mundo e visitando lugares emblemáticos e relevantes, como por exemplo, Xerusalem, o Vaticano,..., vanse describindo ideas e crenzas relixiosas absurdas, que quedan en evidencia a medida que avanza o documental.
Xa dende o principio, é dicir, dende o título mesmo, con esa contracción das palabras "religión" e "ridiculous", se nos dá a entender o ton satírico que o caracteriza. En calquera caso, aínda que nalgúns momentos nos fai rir coa irracionalidade de certos dogmas relixiosos, o documental pon de manifesto a cruda realidade existente respecto á relixión e o fundamentalismo relixioso e a súa posición, influencia e consecuencias no mundo actual.
Se cadra, nón é u ndocumental apto para tódolos públicos, sobre todo para aqueles inflexiblemente devotos e cuxa racionalidade se basea nas chamadas "sagradas escrituras". Para o resto, unha parodia, máis ou menos acertada, que nos fará pasar un bo rato.

No Enigma-Cafe Bar, rúa Real 27, Ponteareas

Ateneo Libertario Lume Negro

lumenegro.blogspot.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario