Chegounos do colectivo GAS de Vigo via e-mail, este convite do Espazo Aberto Antimilitar do que damos debida conta:
Co mes de xuño rematan os actos da campaña 2012 pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares que o Espazo Aberto Antimilitar en Galiza, e moitos grupos no Estado, vimos desenvolvendo. Aínda tedes tempo para facer a declaración da renda e con ela a OF, de facela por favor achegádenos os datos que estamos a recoller xunto a outros grupos a nivel estatal.
Para rematares convidamos a participar nun acto de peche de campaña que imos facer o sábado 30 de xuño a partires das 19h00 diante do Mercado do Calvario.
No acto haberá paneis informativos sobre: gasto militar - banca armada - sahara - venta armas e recrearemos un campo minado un pouco especial...
Agardamos a vosa participación!
25 jun 2012
Sábado 30 xuño.- Acto de peche da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario