29 may 2012

O noso programa de mínimos é a abolición do traballo asalariado


O traballo é a fonte da maioría da explotación e miseria que hai no mundo, se queremos realmente acabar con todo éste sofrimento debemos deixar de traballar, o que non significa que debamos deixar de facer cousas. Significa criar un novo modo de vida baseado nunha convivencia lúdica. A alternativa ao traballo non é a inactividade. Abogamos por unha aventura colectiva do desfrute xeralizado.

Sen dúbida tod@s precisamos moito máis tempo para desfrutar dunha completa preguiza ou dunha vida lúdica, que non atopamos coa independencia de ingresos ou ocupacións. A vida lúdica é completamente incompatible coa realidade existente. A supervivencia no día a día lévanos a buscar formas máis dignas de vivir neste mundo deseñado para usarnos como mercadoría. Procuremos dentro das nosas posibilidades non traballar ou traballar o menos posible. ¿Como pagar o aluguer do piso? O millor é okupalo; a comida podemos roubala, e se vemos a posibilidade de dar pasos cara a reapropiación das nosas vidas ¿Por qué non roubar bancos?
Sobrevivir é un reto para a maioría de nós. O máis digno como esclav@s é rebelarse, no curro, na escola, no barrio...Deberiamos facer da protesta o noso modo de vida, pois non hai nada máis desalentador que un/unha esclav@ satisfeit@. Non podemos agardar a que ninguén nos salve desta vida de merda, debemos tratar de facelo nós mesm@s, sen mediador@s. Non precisamos líderes, nin partidos, nin sindicatos.

Curiosamente(ou non) todas as vellas ideoloxías son socialmente conservadoras porque cren no traballo. Algunhas delas como o sindicalismo(en todas as súas formas) cren no traballo fervorosamente porque non cren prácticamente en case ningunha outra cousa. Pero se a maioría d@s ideólog@s supostamente revolucionari@s cren no traballo, paradóxicamente son reacios a afirmalo así. El@s falarán interminablemente de salários, horas, condicións de emprego, explotación, productividade... Están dispost@s a falar de calquera cousa excepto do traballo en sí mesmo.
Sindicatos e empresarios din que debemos sobrevivir regateando o prezo da nosa explotación. Din que temos dereito ao tempo de ocio, pero nós sabemos que o ocio é o tempo usado para recuperarse do traballo e olvidarse del soamente de forma momentánea. A principal diferencia entre ocio e traballo é que no traballo pagan por explotarnos, alienarnos e controlar a nosa raiba.

A reinvención da nosa vida pasa por fórmular novas propostas que rachen co reformismo que fai de sostén da situación que estamos a vivir actualmente, é evidente que @s reformistas non cuestionan os medios de producción dunha maneira integral. O que pretenden e perpetuar ésta situación para erixirse cómo @s interlocutor@s entre explotador@s e explotad@s. Sen traballo non habería traballador@s, e sen traballador@s ¿Que pasaría cos sindicatos? Desaparecerían cómo parte do entramado de dominación. Cando os sindicatos piden ao goberno que retire a nova reforma laboral o que fan e pactar co estado ao que din combatir.

Frente á explotación opoñemos a loita pola recuperación das nosas vidas, aquí e agora. Tomemos a rúa como espazo de acción e intercambio. Poñámos en común a nosa complicidade contra toda forma de dominación. A autoxestión, a sabotaxe, a axitación, a expropiación, a propaganda...Son un arseal do qué debemos armarnos para liberar as nosas vidas e aplicar a solidariedade con tod@s @s explotad@s.

U.H.P. (Uníos Hermanos Perezosos)

No hay comentarios:

Publicar un comentario