11 may 2012

Fotos 1º de Maio en Coruña e Ourense


Aquí deixamos unhas poucas fotos dalgunhas mobilizacións antiautoritarias deste primeiro de maio en Galiza, as primeiras corresponden ao "Bloque Autognomo" da manifestación de C.G.T. e C.U.T. na Coruña e as segundas á manifestación anarquista realizada esa mesma tarde en Ourense.

O Bloque Autónomo de Coruña apenas reuniu unha trintena de persoas, bastante menos que na folga xeral e, evidentemente, menos do esperado polos convocantes, pois, polo que se ve, o primeiro de maio pasou a non ser máis que outro festivo para o común do cidadán. Transcorreu sen pena nin gloria ao final da manifestación, xunto a outros colectivos independentes das centrais sindicais como os "sen papeis" ou o 15 M. Coreáronse consignas anticapitalistas e antiestatistas como "o pobo unido funciona sen partidos", "contra o estado e a súa violencia agora e sempre resistencia" ou "contra o estado e contra o capital guerra, guerra, guerra social,".







A marcha anarquista de Ourense reuniu preto dun centenar de persoas e transcorreu de forma máis combativa polas rúas da cidade de As Burgas. Podedes atopar crónicas dela en "El retroceso" (aquí) ou en "La rebelión de las palabras" (aquí).









No hay comentarios:

Publicar un comentario