12 abr 2012

II Xornadas en defensa do Barrio do Cura (Vigho)

O sábado 14 de abril, terán lugar as II Xornadas en defensa do Barrio do Cura en Vigo.

Plantémoslle cara á especulación, recuperando o uso productivo e colectivo do territorio!

Agardámosvos.

Programa:

12:00 h. Roteiro guiado que partirá da oliveira de Vigo(Paseo de Alfonso XII)

13:00 h. Horta veciñal.- Presentación do proxecto de creación dunha horta veciñal no barrio e reparto de parcelas.

14:00h. Xantar popular

16:00h. Obradoiros de agricultura ecolóxica,- Obradoiros prácticos para comezar o cultivo da horta.

18:00h. Foliada popular

Na Horta vai haber unha mesa de información. Así que se queredes traer info dos vosos proxectos, traede.

No hay comentarios:

Publicar un comentario