14 mar 2012

Por que os anarquistas nos opoñemos ás prisións?

O seguinte panfleto elaborouse ante a dificultade de achegar a mensaxe anticarcelaria anarquista o común do pobo, rebaixando un pouco a profundidade dos textos que neste senso adoitamos repartir en aras dunha mellor compresnsión de quen non este afeito a mesaxe abolicionista (primeiro vai en galego e despois en castelán, que este sistema carcerario nos afecta a todos):


É un feito que os políticos e os sesudos opinólogos dos medios de comunicación levan tempo cacarexando aos catro ventos a morneza do noso sistema penal e a laxitude das nosas institucións en materia xudicial, dando a entender que en España os delincuentes entran no cárcere por unha porta e saen pola outra cando non campan ás súas anchas sen apenas sanción ningunha. Quizais sexa por isto que cando os anarquistas dicimos iso de "Abaixo os muros das prisións" ou "Os cárceres son centros de exterminio" moita xente sorpréndese e míranos con incomprensión ou rexeitamento coma se falásemos de algo completamente absurdo.
Pois ben, nestes tempos nos que a petición do endurecemento do código penal e a instauración da cadea perpetua son un recurso dialéctico imprescindible para calquera politicucho de "pro", sexa cal sexa a súa plumaxe, faise necesario aclarar que España é o país coa taxa de reclusión máis alta de toda a Unión Europea (164 reclusos por cada 100.000 habitantes, fronte a 96 en Francia ou a 84 en Alemaña); e iso que a súa taxa de criminalidade é unha das máis baixas de todo o continente.
De feito en España o número de persoas presas prácticamente duplicouse nos últimos dez anos, superando na actualidade a astronómica cifra de 76.000 reclusos, e iso que a finais da época de Franco apenas había 15.000! Mentres tanto, e en contra da percepción social, a delincuencia diminuíu considerablemente durante a última década.
En canto ao recorrente tema da cadea perpetua revisable, "tan arraigada noutros lugares de europa", dicir que en España os sucesivos endurecementos do código penal elevaron ata aos 40 anos o tempo máximo de estanza en prisión (nos casos de terrorismo, 30 para o resto) mentres que nos países europeos nos que se aplica a cadea perpetua nunca un condenado alcanza tanto tempo entre reixas. En Alemaña por exemplo, un dos lugares de Europa onde máis tempo se tarda en revisar esta pena (15 anos), a media de tempo en prisión para os que a padecen está entre 17 e 20 anos, aumentando a entre 23 e 25 en casos de crimes con especial asañamento. Aquí, sen cadea perpetua, un terrorista con delitos de sangue cumpre os 40 anos de condena a pulso e sen posibilidade ningunha de remisión.
Aínda así, como os anarquistas cuestionamos a esencia mesma do sistema penitenciario, ao considerar que a delincuencia é un froito ineludible da inxusta repartición das riquezas, nos encontramos a miúdo coa pregunta de “Que facer entón cos criminais?” formulada coa estrañeza daquel que pensa que "isto sempre foi así" ou que é unha cousa "de toda a vida". Pero a realidade é outra, posto que o sistema carcerario tal e como o coñecemos apenas ten douscentos anos de existencia. Non foi se non ata o século XIX que se institúe o cárcere como castigo ao crecente número de pequenos delitos resultantes da aparición do capitalismo. A necesidade de castigar un maior número de infraccións de baixa contía contra a propiedade privada, e de facelo dunha forma menos truculenta que recorrendo aos castigos corporais que ata entón se estilaban, instaurou as bases do sistema punitivo tal e como agora o coñecemos. Evidentemente non estamos a avogar por unha volta á época das galeras e os "tormentos" públicos, só poñemos de manifesto que o sistema carcerario non é máis que un moderno resultado do ascenso do capitalismo.
Tendo en conta que a abafadora maioría da poboación reclusa (máis dun 70%) o está por delitos contra a propiedade (roubo e furto) ou contra a saúde pública (tráfico de drogas), cabería supoñer que unha repartición máis equitativa da riqueza, a despenalización do consumo de estupefacientes e unha mellora do nivel educativo acabarían coa inmensa maioría das causas que motivan o inhumano procedemento do secuestro institucional. Porque resulta que os violadores e asasinos apenas representan unha cifra inferior ao 10% dos encarcerados, e seguro que nunha sociedade máis xusta e horizontal se encontrarían mellores métodos para lidar con esta problemática. Aínda sen encontralos, teriamos eliminado o 90% das razóns que xustifican estes modernos centros de exterminio que, á fin e ao cabo, non serven se non para esconder debaixo da alfombra as probas do fallo da orde social.

---------------------------------------------



Por qué los anarquistas nos oponemos a las prisiones?

Es un hecho que los políticos y los sesudos opinólogos de los medios de comunicación llevan tiempo cacareando a los cuatro vientos la tibieza de nuestro sistema penal y la laxitud de nuestras instituciones en materia judicial, dando a entender que en España los delincuentes entran en la cárcel por una puerta y salen por la otra cuando no campan a sus anchas sin apenas sanción alguna. Quizá sea por ello que cuando los anarquistas decimos eso de “Abajo los muros de las prisiones” o “Las cárceles son centros de exterminio” mucha gente se sorprende y nos mira con incomprensión o rechazo como si habláramos de algo completamente absurdo.
Pues bien, en estos tiempos en los que la petición del endurecimiento del código penal y la instauración de la cadena perpetua son un recurso dialéctico imprescindible para cualquier politicucho de “pro”, cualquiera sea su plumaje, se hace necesario aclarar que España es el país con la tasa de reclusión más alta de toda la Unión Europea (164 reclusos por cada 100.000 habitantes, frente a 96 en Francia o a 84 en Alemania); y eso que su tasa de criminalidad es una de las más bajas de todo el continente.
De hecho en España el número de personas presas prácticamente se ha duplicado en los últimos diez años, superando en la actualidad la astronómica cifra de 76.000 reclusos ¡y eso que a finales de la época de Franco apenas había 15.000! Mientras tanto, y en contra de la percepción social, la delincuencia ha disminuido considerablemente durante la última década.
En cuanto al recurrente tema de la cadena perpetua revisable, “tan arraigada en otros lugares de europa”, decir que en España los sucesivos endurecimientos del código penal han elevado hasta a los 40 años el tiempo máximo de estancia en prisión (en los casos de terrorismo, 30 para el resto,) mientras que en los países europeos en los que se aplica la cadena perpetua nunca un condenado alcanza tanto tiempo entre rejas. En Alemania por ejemplo, uno de los lugares de Europa donde más tiempo se tarda en revisar esta pena (15 años), la media de tiempo en prisión para los que la padecen está entre 17 y 20 años, aumentando a entre 23 y 25 en casos de crímenes con especial ensañamiento. Aquí, sin cadena perpetua, un terrorista con delitos de sangre cumple los 40 años de condena a pulso y sin posibilidad alguna de remisión.
Aun así, como los anarquistas cuestionamos la esencia misma del sistema penitenciario, al considerar que la delincuencia es un fruto ineludible del injusto reparto de las riquezas, nos encontramos a menudo con la pregunta de “¿Qué hacer entonces con los criminales?” planteada con la extrañeza de aquel que piensa que “esto siempre ha sido así” o que es una cosa “de toda la vida”. Pero la realidad es otra, puesto que el sistema carcelario tal y como lo conocemos apenas tiene doscientos años de existencia. No fue si no hasta el siglo XIX que se instituye la cárcel como castigo al creciente número de pequeños delitos resultantes de la aparición del capitalismo. La necesidad de castigar un mayor número de infracciones de baja cuantía contra la propiedad privada, y de hacerlo de una forma menos truculenta que recurriendo a los castigos corporales que hasta entonces se estilaban, instauró las bases del sistema punitivo tal y como ahora lo conocemos. Evidentemente no estamos abogando por una vuelta a la época de las galeras y los “tormentos” públicos, solo ponemos de manifiesto que el sistema carcelario no es más que un moderno resultado del ascenso del capitalismo.
Teniendo en cuenta que la abrumadora mayoría de la población reclusa (más de un 70%) lo está por delitos contra la propiedad (robo y hurto) o contra la salud pública (tráfico de drogas), cabría suponer que un reparto más equitativo de la riqueza, la despenalización del consumo de estupefacientes y una mejora del nivel educativo acabarían con la inmensa mayoría de las causas que motivan el inhumano procedimiento del secuestro institucional. Porque resulta que los violadores y asesinos apenas representan una cifra inferior al 10% de los encarcelados, y seguro que en una sociedad más justa y horizontal se encontrarían mejores métodos para lidiar con esta problemática. Aún sin encontrarlos, habríamos eliminado el 90% de las razones que justifican estos modernos centros de exterminio que, al fin y al cabo, no sirven si no para esconder debajo de la alfombra las pruebas del fallo del orden social.


2 comentarios:

  1. E que se fai con ese 10 % ???

    Tipo :

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2012/02/28/agresor-acido-llevaba-mes-libertad/00031330439459671853462.htm

    ResponderEliminar
  2. Chegados a ese punto as disensións entre os propios anarquistas faríanse abrumadoras. Imaxino que as propias comunidades organizadas asambleariamente terían que resolver esas cuestións, e imaxino tamén que as formas de facelo serían moi diversas nunha sociedade organizada de xeito horizontal.
    As tribus magonistas, por poñer só un exemplo, utilizan os traballos comunitarios para a reparación das faltas contra outros ou contra a comunidade, aínda que apenas coñecen o roubo e aínda menos o asasinato, por algo será. Outra xente podería considerar que a expulsión (temporal ou perpetua) dunha comunidade determinada podería ser outra forma de afastar ós elementos dañinos. Haberá tamén quen, en casos de moita gravidade, considere que eliminar a un determinado suxeito sexa menos cínico que encarcelalo de por vida no nome de toda a sociedade. Moi poucos, por non dicir ningún, avogaría polos castigos físicos que antecederon ó presidio no sistema punitivo, agora ben, eu estou seguro que a práctica totalidade da xente que atópase na cadea preferiría recibir uns poucos latigazos antes que pasar varios anos entre reixas. Digo isto porque as veces o que a nós servenos para lavala nosa conciencia é, ó final, moito máis cruel que o que aparentemente resulta menos humano.
    Temos que pensar tamén que nunha sociedade sen desigualdade social, os crimes de sangue probablemente reduciríanse a casos pasionales ou similares, posto que as mortes para roubar ou por axustes de contas baixarían considerablemente, pareceme a mín.
    Eu concretamente penso que o afastamento da comunidade, a incautación de bens, ou as reparacións dos danos mediante a realización dos traballos comunitarios menos apetecibles son boas opcións. Agora ben, penso que é traballo do pobo organizado dende a base o de respostar pouco a pouco mediante a práctica a este tipo de cuestións. Sería traballo das asambleas o de xulgar de xeito particular cada un destes tipos de casos.
    De todas formas, todo isto non é máis que unha opinión concreta dun anarquista e o panfleto de arriba semella ter unha vocación máis plural.

    ResponderEliminar