18 ene 2012

Novas de Gilbert Ghislain [preso anarquista]




Extraído de: http://gilberttextos.blogspot.com/

*para difundir, publicar, reenviar ou limparse o cu...

Despois dun periodo baleiro de información sobre a situación de Gilbert pasamos a ofrecer as novidades que han ir acontecendo nestes últimos meses e motivo polo cal non lanzamos ningún comunicado nin proposta sobre a situación de Gilbert.

A finais do outono iniciamos os trámites para solicitar a liberdade condicional de Gilbert, parece que a única forma de que Gilbert poida ver a rúa. Existen outras alternativas xudiciais como solicitar unha redución de pena semellante ao que seria a “limitación de condena” no Estado Español, pero este trámite alongaría moito os prazos ademais de que non é seguro que puidera obtela, porque hai moitos factores que inflúen na xustiza francesa; o interese político, o avogado que tes e as súas influencias, a interpretacións e as diferentes xurisprudencias que hai a disposición dos fiscais que permiten que a lei sexa e non sexa á vez.
Solicitamos a liberdade condicional e o trámite iníciase; informes, contratos de traballo, informes psiquiátricos… todo é favorable á concesión da súa liberdade; en especial os informes psiquiátricos que resaltan a necesidade de que Gilbert saia á rúa.

Con todo, un fiscal aparece para lembrar que Gilbert atópase nun “periodo de seguridade” que non lle permite saír ata o 2013 (un periodo que se aplica en Francia de 10 anos aos condeados a mais de 15 anos, como Gilbert xa cumpriu 8 dos 18 anos que ten aquí, aínda quédanlle 2). Con todo recórrese o periodo de seguridade e contémplase a posibilidade por parte dos xuíces de facer unha “excepción” en base aos inhumanos 28 anos que Gilbert leva en prisión.

De novo aparece un fiscal que recorda que ademais dos 18 anos polos atracos cometidos en 1983, Gilbert debe resolver os 5 anos pola fuga en Helicoptero en 1986. Facemos oposición co que agora estamos á espera dun novo xuízo que determinará o tempo que Gilbert debe cumprir por este delito.

28 anos logo de todo aquilo, celébrase un xuízo. Polo que nos están dando a entender, non hai ningunha intención por parte da Republica Francesa de ter en conta os 28 anos que Gilbert leva sen ver a rúa.
A xustiza francesa é aínda mais voluble que a española se cabe e os avogados moitas veces xa non saben nin como enfocar o tema.

Tampouco atopamos ningún tipo de apoio, nin axuda en Francia. Polo tanto para todos aqueles que tiveron a oportunidade de coñecer de Gilbert nas loitas contra o FIES, informamos e advertimos que; se quedou algunha estima ou empatía cara este compañeiro por parte dos anarquistas, este é o momento no que necesita o apoio dos seus “amigos”.

E esta é a mensaxe que transmitimos os seus familiares e estas son as noticias que vos ofrecemos. Lembramos que Gilbert atópase na prisión de Clairvaux, por se alguén quere escribirlle ou o que sexa…

Un saúdo a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario