30 dic 2011

Pontedocu: proxección do documental "O Monte é noso" (Ponteareas)

Reproducimos a seguinte información chegada ó noso correo:

Este Xoves, 5 de xaneiro as 21h., proxección do documental "O Monte é noso".
Este documental é unha produción realizada polo director Llorenç Soler e producida pola Coordenadora de Montes Comunais no ano 1978. Nesta cinta recóllese a loita dos campesiños a finais da década dos setenta para recuperar a propiedade dos montes comunais que traballaban pero que non lles pertencían, porque foran usurpados pola ditadura a partir do ano 1939. Parte do documental recolle a loita dos veciños dunha das parroquias do pobo de Ponteareas, na zona de Oliveira.
Para acompañar a proxección contamos coa presenza dun compañeiro de Compostela que nos dará unha charla titulada "Pan pra hoxe... Histora da industrialización na Galiza"
No Enigma-Cafe Bar, rúa Real 27, Ponteareas (Pontevedra)
O enlace a nova no blog do Ateneo Libertario Lume negro, organizadores do evento, aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario