Un novo centro social okupado abriu as suas portas nas aforas de A Coruña. Trátase dun antigo internado de monxas que un grupo de activistas da cidade recuperaron recentemente das especuladoras mans de Nova Caixa Galicia e que agora abren como ferramenta das iniciativas anticapitalistas coruñesas. Pese a que o proxecto aínda se atopa nunha fase moi primaria, xa sacaron dous comunicados (que a continuación reproducimos) e animan a xente interesada a manterse pendentes de vindeiras convocatorias.
C.R.
Primeiro comunicado: Novo intento de okupación na Corunha
Desde comezos desta semana, un grupo de activistas sociais da cidade da Corunha habita un espazo ás aforas do núcleo urbano. Trátase dun antigo Centro de Menores ubicado moi preto do conhecido Centro Comercial Alcampo. Conta con unha finca de uns 7000m cadrados e un edificio que supera os 3500.
O proceso de okupación, aínda que en unha fase moi primaria, pretende converse en referencia social da loita anticapitalista, contra a especulación inmobiliaria, pola cultura libre e os espazos liberados, e nace có ánimo de dotar aos movementos sociais galegos dunha nova experiencia e posibilidade de okupación, dando un paso cualitativo no avance deste recente movemento que se vén asentando da Galiza estes últimos catro anos.
Rogamos que a cidadanía consciente estea pendente da novidades que
poidan xurdir a partir deste momento, do mesmo xeito que convidamos a
intervir no proxecto, desde dinámicas asemblearias e a horizontais.
Sen máis. Unha forte aperta
Saúde
PD: Este non é máis que o inicio dunha serie de novas que irán xurdindo
no vindeiros días.
2º comunicado desde as oblatas
As activistas que resisten no espazo okupado das Oblatas continúan rexenerando o espazo para próximas actividades.
Durante as últimas horas axentes da Brigada de Información merodearon arredor do edificio, dentro da finca. Posteriormente unha patrulla da policía nacional identificou a dúas das integrantes da asamblea.
A propiedade corresponde a NovaCaixagalicia, sendo este un lugar que deixa morrer coa fin de incrementar as súas ganancias cunha actividade especulativa. Nestes tempos nos que as situacións de precariedade se agudizan mentres a gran banca se enriquece a nosa costa, entendemos a acción directa contra os seus intereses coma propia e lexítima da luita anticapitalista.
Este novo espazo trátase, deste xeito, dun espazo sin ánimo de lucro ó que pretendemos dar vida non deixándoo morrer en beneficio duns poucos. Un espazo á marxe do sistema onde poidamos desenrolar dinámicas para autoxestionar as nosas vidas, como a creación de hortas na finca que rodea ó edificio; así como talleres, charlas e concertos proporcionando actividades fora das dinámicas do capitalismo. A iniciativa non é máis que outra ferramenta coa que fortalecemos ós movementos sociais galegos creando e liberando un novo espazo.
Trátase así dun proxecto aberto a iniciativas populares á marxe de instituciones, partidos e sindicatos. Un proxecto no que animamos a participar e colaborar desde os seus inicios co fin de construílo entre todas.
Deste xeito defendemos a okupación coma alternativa á crise económica e social; e a autonomía e a autoxestión coma recursos desde os que construír novos xeitos de vida afastados da lóxica capitalista.
30 jul 2011
Nova okupación en Coruña
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
vaia boa nova!! parabens!
ResponderEliminark tenhades moita sorte, e moito ánimo para seguir na loita!!
siguen facendo falta mais espazos abertos ao marxen do capitalismo, ainda que sempre chea de esperanza ler novas coma ista...
PARABÉNS E ÁNIMO!
ResponderEliminarDa gusto ver que volta a haber un pouco de luz neste mar de tebra, xa me pasarei por alí a botar unha man no que sexa menester.
Apertas compañeirxs.
ke noticia mas buena,mucha fuerza y energia!
ResponderEliminarmoita forza e ánimos para as Oblatas , estarei ó loro das atividades que desenvolven e publicitareinas o que me sexa posible!
ResponderEliminarRealmente é un espazo cunha infinidade de posibilidades, espero consigades a máxima participación!