21 ene 2011

Morre o menor que caeu dun quinto piso cando fuxía da policía en Salt (Girona)


O pasado domingo 9 de xaneiro saía unha noticia en El mundo que deixou a quen a leu cuanto menos que sorprendido. Un xoven ferido ao precipitarse dende un quinto piso despois de ser perseguido pola policía local. Podedes ver a noticia pinchando aqui.
Onte eramos informad+s de que este xoven ao que poñían de 18 anos e que en realidade era un mozo de 16 anos e de orixe magrebí, morría no Hospital Josep Trueta de Girona.

Os feitos sucederon a raíz das sospeitas policiais que, como sabemos muitas, non deixan tranquilas ás persoas que non cumpren os seus prototipos sociais. Se non es branca, se non tes un can e se te nota na vestimenta, se es inmigrante, NON TE DEIXAREMOS TRANQUILA, din as autoridades, e nada que te deas unha volta pola cidade verás como rápido o colles.

Pois así foi como o pasado 8 de xaneiro, dous mozos de orixe magrebí ían nun ciclomotor cando de súpeto sentiron ser perseguidos por unha patrullada policía local de Girona que sospeitou, nada máis velos, que o ciclomotor era roubado.

O mozo que ía detrás, saltou e fuxiu correndo, mentres que o que conducía perdeu o cntrol da moto ata accidentarse e de aí continuou perseguido a pé ata que se adentrou nun inmoble onde caeu ao patio interior dende un quinto piso.

Unha semana despois, xóvenes respondían a esta agresión policial coa queima de contenedores e coches, así como a protesta ante a comisaría da policía local.
Dende o venres on deixaron de sucederse accións cun total de 12 vehículos queimados e nove contenedores calcinados.
A alacaldesa Iolanda Pineda pedía reforzos policiais e houbo un saldo de tres detid+s.

Un dato a lembrar é que esta cidade conta cun 43% de inmigración.

Polo momento non se ten máis información pero é posible que a morte de Mohamed Reda desencadene outra resposta ao que ven sendo, agora mesmo, un asasinato policial.

[info en Klinamen.org]

No hay comentarios:

Publicar un comentario