21 ene 2011

Desaloxado o cárcere de Torrero (Zaragoza), okupado dende o mes de outubro, de nome C.S.O. Kike Mur.


Na madrugada do xoves, axentes da Policia Nazi-onal procedían a desaloxar a un grupo de persoas que okupara o antigo cárcere de Torrero.
Nos arredores congregábanse veciñ+s e solidari+s para apoiar ás xóvenes mentres insultaban aos policías e intentaban romper o cordon de seguridade. Sobre as 8:45h, os axentes comezaron unha carga violenta que se saldou cun axente supostamente ferido e un detido.

Según informacións de primeira man non consta nenguha orde de desaloxo, e ainda así, once dotacións de antidisturbios, ducias de secretas e a policía local de Zaragoza empregáronse a fondo e codo con codo para cortar as ruas e montar un despregue contundente para proceder ao desaloxo desta antiga prisión (inaugurada en 1928), demolida prácticamente toda no 2005, excepto o edificio neomudéjar da entrada.
Despois do desaloxo do CSO La Vieja Escuela (na antiga escola Lestonnac), unhas 30 ou 40 persoas decidíronse a okupar este emblemático edificio.

No momento do desaloxo atopábanse once persoas no seu interior que resistiron ata o seu completo desaloxo a media mañá.

Informan testigos presenciais que durante o desaloxo a policía ensañouse coas persoas e veciñ+s solidari+s que se achegaban ao cárcere de Torrero. A nai do detido acudiu presurosa tras ver por televisión como a policía apaleaba ao seu fillo e o retiñan coa cara no chan durante un cuarto de hora, sen que houbera nengún motivo para semellante brutalidade.

Parece ser que tamén outro xoven tivo que ser intervido no hospital cunha brecha aberta na cara, sen que nos conste de que revista de gravidade.

A Asemblea de Okupas de Zaragoza, que comezaba hoxe mesmo unhas interesantes Xornadas Anticarcerarias, anunciaron a Ara-Info que todas as actividades se trasladan ao local da Asociación de Veciños de Venecia-Montes de Torrero, na rua Granada 43. As actividades previstas en: http://okupa.noblezabaturra.org/jornadas-anticarcelarias/

Convocouse tamén unha concentración hoxe ás 21h, lembrándose que nos últimos meses, desaloxos similares se sucederon en Zaragoza: El Adoquín, La Vieja Escuela, Las naves de Vadorrey, e hoxe o Kike Mur.

Información e video en: http://noblezabaturra.org/



[información extraida de A las Barricadas e Klinamen]

2 comentarios:

  1. Manda carallo, cantas cousas pasaron hoxe

    ResponderEliminar
  2. Que curioso o da tertuliana este defendendo a labor social dos okupas. Vou ter que comezar a mirar a televisión de mañá

    ResponderEliminar