12 nov 2010

[Londres] Accións en Londres contra a subida das tasas universitarias


O pasado mércores realizouse unha manifestación de máis de 50.000 estudantes e profesores, que recorreu as principais rúas de Londres para protestar contra os recortes en educación que traerá como consecuencia unha impòrtante subida nas tasas universitarias, en prol dun sistema educativo cada vez máis elitista e privado.

Ao finalizar a mesma, un numeroso grupo de estudantes decidiu ocupar durante varias horas a sede do partido conservador, situada en Millbank.
Na acción producíronse incidentes coa policía e destrozos na sede dos "Torys" (partido conservador inglés). Polo menos 32 persoas foron detidas tras os incidentes.



Segundo alguns estudantes, isto é só o principio dunha serie de protestas contra a destrucción do sistema educativo e servizos públicos. Un estudante, Robert Briggs, afirmaba "A xente está cansa dos sindicatos tradicionais e tras observar o que pasa noutros países como Grecia ou Francia, intenta organizarse de forma autónoma para, dalgunha maneira, ter a impresión de que se llles escoita, de que poden mudaras cousas".


[ info de mislata contrainfos]

No hay comentarios:

Publicar un comentario