26 oct 2010

Control, propaganda e normalidade


Unha vez que todos os medios de comunicación quedaron subordinados ós intereses das clases dirixentes mediante o control económico dos grupos editoriais, faltaba o máis importante elemento comunicativo por conquistar: a linguaxe. A linguaxe é o vehículo natural co que se comunican os seres humanos, e se este queda subordinado a algunha tarefa é obvio que as ideas e coñecementos cos que se expresa tamén o estarán.



No libro 1984 de G. Orwell podemos observar como un estado totalitario controlado polo Partido (unha analogía coa Unión Soviética) domina absolutamente todos os quehaceres da vida cotián dos cidadáns. Non hai liberdade política, sindical, de prensa, de movemento… e cando parece que o único reducto verdadeiro da liberdade reside na mente, o Partido empéñase en demostrar que tampouco será así. Encárgalle a un verdadeiro exército de funcionarios especializados na cuestión lingüística que creen unha nova linguaxe, ou mellor dito, que reformen a actual. Este traballo consistirá básicamente en destruír palabras para eliminar posibles matices que amplíen a subxectividade do comunicante. Algo tan só poderá ser branco ou negro, nunca gris. Se a mente humana pensa con palabras, reduzámolas para reducir o radio de conciencia da mente.

Todo isto poderá parecer simple invención literaria, mais se repasamos a historia do S.XX atoparemos numerosos exemplos desta práctica amparados polos corpos administrativos: Así por ejemplo, podemos fixarnos no caso de Gran Bretanha durante a 1º GM, cando se creou o primeiro ministerio de propaganda coordinada, coñecido como Ministerio de Información e que tiña como función, tal e como foi descrita, controlar a mente mundial.

A motivación principal era conseguir levar á población británica (básicamente pacifista) a un estado de fanatismo e histeria que levara á opinión pública a apoiar a guerra contra Alemaña. Así, algúns anos despois, cando EEUU tiña creada tamén a súa propia axencia de propaganda mediática comezouse a falar da “esencia da democracia”, entendendo isto como a maneira na que un grupo de intelectuais con carisma e respeto afíns ao gobernopero sen lazos directos con él “podían fabricar o consenso mediante a propaganda”. Este proceso coñecíase co nome de “Enxeñería do consenso”.

A partires deste momento, e coa introducción en masa do concepto taylorista do traballo ( a extrema especialización) os gobernantes déronse conta de que usando a retórica apropiada, poderían conseguir os seus obxectivos de controlar ás masas sen utilizar a mínima violencia. A alienación xa conquistara o mundo laboral dende facía unhos cantos sécalos, a implantación nos medios de comunicación estaba consumada.

Tan só faltaba crear un benestar superficial que o capitalismo en épocas anteriores non conseguira, pero que a fabricación en masa, por exemplo, do Ford T e a aparición das socialdemocracias europeas acabou por rematar.

Algúns propagandistas (léase o xefe de propaganda nazi J. Goebbels) editaron incluso un decálogo de principios consistentes en socavar a conciencia colectiva, que aquí incluímos:

1.Principio de simplificación y del enemigo único. Adoptar una única idea, un único símbolo. Individualizar al adversario en un único enemigo.
2. Principio del método de contagio. Reunir diversos adversarios en una sola categoría o individuo. Los adversarios han de constituirse en suma individualizada.
3. Principio de la transposición. Cargar sobre el adversario los propios errores o defectos, respondiendo el ataque con el ataque. "Si no puedes negar las malas noticias, inventa otras que las distraigan.
4. Principio de la exageración y desfiguración. Convertir cualquier anécdota, por pequeña que sea, en amenaza grave.
5. Principio de la vulgarización. Toda propaganda debe ser popular, adaptando su nivel al menos inteligente de los individuos a los que va dirigida. Cuanto más grande sea la masa a convencer, más pequeño ha de ser el esfuerzo mental a realizar. La capacidad receptiva de las masas es limitada y su comprensión escasa; además, tienen gran facilidad para olvidar.
6. Principio de orquestación. La propaganda debe limitarse a un número pequeño de ideas y repetirlas incansablemente, presentarlas una y otra vez desde diferentes perspectivas, pero siempre convergiendo sobre el mismo concepto. Sin fisuras ni dudas. De aquí viene también la famosa frase: «Si una mentira se repite suficientemente, acaba por convertirse en verdad».
7. Principio de renovación. Hay que emitir constantemente informaciones y argumentos nuevos a un ritmo tal que, cuando el adversario responda, el público esté ya interesado en otra cosa. Las respuestas del adversario nunca han de poder contrarrestar el nivel creciente de acusaciones.
8. Principio de la verosimilitud. Construir argumentos a partir de fuentes diversas, a través de los llamados globos sondas o de informaciones fragmentarias.
9. Principio de la silenciación. Acallar las cuestiones sobre las que no se tienen argumentos y disimular las noticias que favorecen el adversario, también contraprogramando con la ayuda de medios de comunicación afines.
10. Principio de la transfusión. Por regla general, la propaganda opera siempre a partir de un sustrato preexistente, ya sea una mitología nacional o un complejo de odios y prejuicios tradicionales. Se trata de difundir argumentos que puedan arraigar en actitudes primitivas.
11. Principio de la unanimidad. Llegar a convencer a mucha gente de que piensa «como todo el mundo», creando una falsa impresión de unanimidad.

Escoitemos un discuros do demócrata Roosevelt durante a crise do 29, cando se preparaba o New Deal: “- Loitaremos contra o paro e a crise económica coa mesma forza que se mañán mesmo nos invadira un país extranxeiro…” mentres as masas aplaudían fascinadas ante a extraordinaria convicción que mostraba o presidente.

Finalmente, estes ministerios de propaganda que tan ben funcionaba foi declarado ilegal, tarefa que asumirían corporacións privadas durante o mandato de Reagan, tarefa que hoxe asumen gustosamente numerosos grupos de presión capitalistas controladores dos grandes grupos de comunicación de masas, usando algúns métodos de censura coma estes:

Inconsciente: Unha parte do noso subconsciente crea coa a xuda da educación normalizada e recibida un filtro polo que según que cousas moralmente mal vistas non se deben expresar. Outra forma de chamarlle seria autocensura, forma de silencio extendidísima entre os xornalistas de todos os medios de comunicación (non confundir xornalista, que o fin e o cabo é un currela con un dono dun medio de comunicación, aínda que a veces nos den o mesmo noxo)
Selección: A selección dunha noticia e non de outra implica de feito unha manipulación.
Distorsión: Aquí a linguaxe é a principal causante. Radical-demócrata; terrorista- tropas de liberación… (enche o espacio coas contraposicións que creas oportunas)
Ocultación: Simplemente se trata de ocultar información relevante.(torturas no cárcere, por ejemplo)
Mentiras: Chámaselle así tamén á tergiversación da verdade.
Inundación de información: Ante a cantidade de información desplegada somos incapaces de distinguir nun primeiro análise visual a información relevante da que non o é.



Así pois, podemos deducir fácilmente as nosas conclusións: a linguaxe está de feito tan contaminada, e os comportamentos tan influenciados pola acción da linguaxe que a manipulación dun enxendra forzosamente a manipulación do outro. ¿Algúen pensa que iso de pensamento único non é unha mestura de linguaxe e comportamento “normalizados”? Aquí está o gran éxito da propaganda e os medios de comunicación: conseguiron normalizar determinados comportamentos que aseguren a perpetuación do mesmo sistema de valores que rixen a sociedade capitalista actual. Non é preciso ter desplegado exército ningún para acabar coa disidencia de forma sistemática (aínda que esta práctica non estea desaparecida, se non que se converteu en complementaria). Simplemente a propia población encargarase de insultar, difamar, humillar e apartar os elementos que consideren que esa serie de comportamentos normalizados son en esencia directrices encargadas ás ovellas por parte dos pastores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario