24 abr 2010

Día mundial en solidariedade cos animais en laboratorios


O termo “vivisección” deriva do latín vivus, vivo, e sectio-onis, corte, isto é, a realización de cortes ou diseccións nun organismo vivo. Practicou-se –con defensores e detractores– ao longo de toda a historia, tanto en animais humanos como non humanos. Na antigüedade, inclusive se realizaron viviseccións en condeadxs a morte ou en presxs.

As estadísticas din que dos animais utilizados para a vivisección, aproximadamente o 60% son destinados a probas de cosmética, o 30% a probas militares e un 10% para medicinha. E isto sen ter en conta as prácticas que se realizan nalgunhas faculdades e os experimentos levados acabo pola industria tabacaleira.
Para elaborar cosméticos, espumas de afeitar, champús e dentífricos son introducidos a presión no estómago dos animais; fan-lhes inhalar tintas para o pelo; sustancias volátiles son rociadas sobre pel e olhos -test Draize- Outras probas, como a da dose letal -DL50-, causan terribles feridas e inclusive a morte. En ocasións, estes experimentos agóchan-se tras lendas como: “clí­nicamente testado” ou “testeado bajo control dermatológico”.
Os experimentos militares van dirixidos máis que nada a probar os efectos de gases velenosos, efectos da descompresión, danos por armas explosivas, queimaduras e radiacións, xa que evalúan sobre o terreo as armas novas e as técnicas quirúrxicas.

Outra responsable é a industria tabacaleira, que utiliza a experimentación en animais para probar a toxicidade da nicotina e o alquitrán nos animais antes de lanzar ao mercado diversas clases de cigarrillos. Os experimentos rondan entre forzar a cans a fumar o fume dos cigarros para comprobar os efectos do tabaquismo no funcionamiento sexual, ata administrar nicotina a ratas, vía intravenosa, de maneira constante.

No caso das investigacións médicas sóe-se defender a experimentación en animais alegando que esta práctica implica enormes beneficios para xs humanxs,un alegato mui hipócrita se se ten en conta que a vivisección constitúe un claro e evidente erro, xa que non se poden trasladar os resultados obtidos dunha especie a outra, e incluso a veces nin entre individuos da mesma especie. Mas o certo é que está-se a empregar umha relación de dominación dxs humanxs cara o resto de animais non humanxs...

Non máis torturas, non máis experimentos, que os deixen vivir en paz!!
Contra toda autoridade!!!

[info extraída de salvajes.entodaspartes.net]

No hay comentarios:

Publicar un comentario