8 mar 2010

Semi-liberdade para Georges Cipriani (Action Directe), Francia


O tribunal de aplicación de penas “antiterroristas” de París acordou hoxe, 24 de Febreiro, un réxime de semi-liberdade para Georges Cipriani (Action Directe), primeira etapa antes da súa liberación condicional.

O tribunal de aplicación de penas “antiterroristas” de París acordou hoxe, 24 de febreiro, un réxime de semi-liberdade para Georges Cipriani, primeira etapa antes da súa liberación condicional. Esta decisión lóxicamente tomou en conta a solidez do dossier de Georges Cipriani. Pero, polo convenio que toma esta decisión, Georges Cipriani poderá abandonar a prisión de Ensisheim, como está previsto, o 16 de marzo. Aínda que debía ser liberado despois do 2005, non se puido beneficiar de menos días e aínda debeu permanecer máis tempo. ¿Cando cesará pois o internamento do noso compa?

O 21 de febreiro, Georges Ciprani empezaba seu 24º ano de detención polas accións como militante de Acción directa. O pasado sabado 20 de febreiro, un centenar de persoas, vidas de Blois, Béziers, Bordeos, Ferrand Clermont-Ferrand, Lille, París… e tamén de Bélxica e Alemaña, encontrábanse reunidos fronte á prisión de Fresnes para esixir a liberación de Georges Ciprani e de Jean-Marc Rouillan. Os manifestantes deron a volta á prisión berrando consignas, entre outras: “Liberade a Rouilan. liberade a Ciprani!” “23 anos de prisión, 23 anos de resistencia! Alto ao chantaxe e a negación, liberación sen condicións!”. Os berros eran acompañados polo clamor que saía da prisión. Unha mensaxe de solidariedade foi lanzada á dirección de todos os prisioneiros.

Jean-Marc Rouillan atópase neste momento no Centro Nacional de Observación (CNO) de Fresnes onde, durante seis semanas, debe someterse a múltiples exames de “expertos” da sua enfermidade pretendendo xulgar a “Perigosidade”. Isto é o que en efecto esixe a lei Dati sobre a “retención de seguridade”, antes do exame da súa nova demanda de liberación condicional. Fai dous anos que obteu a semi-liberdade, que durou seis meses antes de que fora re-encarcerado a tempo completo baixo o pretexto de falsas declaracións nunha entrevista. Desde hai máis dun ano, acadado por unha enfermidade rara e evolutiva, permanece sen atencións adaptadas debido á súa permanencia en prisión.

Georges Ciprani e Jean-Marc Rouillan deben ser liberados!

No hay comentarios:

Publicar un comentario