8 mar 2010

QUEIMAN DUAS ESCAVADORAS DO TAV EN EUSKADI


Descoñecidxs incendiaron onte dúas escavadoras que traballaban nas obras do Tren de Alta Velocidade (TAV) na localidade biscaína de Zaratamo.

As dúas máquinas quedaron totalmente calcinadas tras ser rociadas con material inflamable ao que xs violentxs prenderon lume, segundo informou o Departamento de Interior.
A Ertzaintza foi alertada do ataque ás dúas menos dez da madrugada. Ata a zona, unha escombreira situada nas aforas do municipio, trasladáronse varias dotacións de bombeiros, que non puideron evitar que as dúas escavadoras resultasen totalmente estragadas. A Policía vasca acudiu ao lugar para recoller evidencias e intentar identificar axs autorxs.
A sabotaxe forma parte do goteo de ataques que nos últimos meses xs radicais levaron a cabo contra as obras do TAV. O pasado 10 de decembro, xs violentxs queimaron unha escavadora na localidade biscaína de Amorebieta. O anterior incidente tivo lugar o 18 de xuño de 2009 en Mondragón, cando xs radicais incendiaron a furgoneta particular dun traballador búlgaro.

[noticia extraída de gara]

No hay comentarios:

Publicar un comentario