[noticia extraída de http://www.galiciae.com/nova/49953.html]
Un cóctel molotov foi lanzado na madrugada deste mércores contra o edificio sindical da localidade pontevedresa de O Porriño. .
Según informaron dende o 112, o explosivo non causou danos personais.
Fontes de UGT confirmaron que o altercado só deixou un cristal fracturado na sua sede e outra lúa rota nas instalacións de CC.OO.
Cando chegaron ao punto, o combustible do cóctel molotov estaba ardendo pero non chegou a prender lume nas instalacións. Por tanto, e según confirmaron efectivos antiincendios, non foron necesarios os servizos de extinción.
Axentes da Policía Xudicial desprazáronse este mércores ao punto para recoller sinais dactilares e investigar así o sucedido, según informaron desde UGT.
Á espera do resultado das pesquisas, descoñécese a autoría dos feitos e as causas da agresión contra a casa sindical.
Pola sua parte, CC.OO. lembrou que a sede deste sindicato en Vigo foi tamén obxecto dun ataque no mes de xaneiro.
Os sindicatos maioritarios de Galiza condearon este ataque nun día marcado polos propios sindicatos como é o 10 de marzo, día da clase obreira galega.
10 mar 2010
Atacan con cócteles molotov o edificio sindical de O Porriño
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario