CONCENTRACIÓN ás 18:00h do venres 12 (mañan) nas proximidades do PALEXCO (ao carón da Autoridade Portuaria).
Na tarde deste venres día 12 de febreiro ten lugar en A Coruña, dentro da serie de reunións encadradas na Presidencia española da Unión Europea, unha cimeira dos ministros de transportes da Unión. Durante pouco máis de tres horas celebran un consello coa "sustentabilidade do transporte urbano" como tema central, cousa que non podemos cualificar máis que como propaganda cínica cando se trata da palabra dos responsables das políticas máis atroces na materia.Logo de máis dunha década bombardeándonos con mensaxes ao respecto, a realidade que se agocha baixo esta sorte de ecoloxismo corporativo é a implementación dun tráfico hiperviolento, a nivel medioambiental e social, que condiciona prácticamente o total do espazo público das nosas cidades, nas que a media do espazo reservado para a circulacióne o estacionamento dos coches privados se atopa entre o 20 e o 30%, chegando a un 40% nas urbanizacións de máis recente construcción.
As axudas astronómicas ás grandes empresas do automóbil (que no estado español ascenden a máis de 3.150 millóns de euros no período 2009/2010só en axudas directas -sen contar as indirectas nin obscenidades comoas adquisicións no "mercado de carbono"), non asociables a mellora algunha no eido laboral, e o conxunto de políticas do "todo para ocoche" teñen o seu correlato na xeralizada marxinación dos itinerarios do transporte colectivo, peonil, ciclista e todo aquel que non tenda a separarnos unhas das outras e a todas da terra.
A máis, isto dase nun contexto de metropolización europea consistente nunha reordenación xeoeconómicamente xerárquica do territorio,fundamentada en políticas de transportes/mobilidade que procuran a "rápida circulación de persoas e mercadorías" entre os núcleos urbanos capitalísticamente privilexiados. A construcción da rede ferroviaria europea de alta velocidade, un dos eixos fundamentais deste dominio, suporá un incremento brutal das desigualdades sociais mediante a elitización da mobilidade, manifesta nas súas tarifas, e o incremento dos niveis de sometemento i explotación das areas rurais, que no caso galego se tornan extremos mediante un gran desmantelamento da rede de cercanías.
CONCENTRACIÓN ás 18:00h do venres nas proximidades do PALEXCO (aocarón da Autoridade Portuaria). PEDALADA desde as 15:30h ata a hora daconcentración*.
*Ás 15:30h quedamos no Obelisco para decorar as bicicletas. Sairemosun pouco máis tarde nun percorrido circular entre a Porta Real e aPraza de Ourense (o mesmo que nas 12 horas en bici).
**********************************
XORNADAS SOBRE TRANSPORTE/MOBILIDADE Enderezo: C.S.O. Casa das Atochasr/Atocha Alta 14, Monte Altohttp://casadasatochas.info
Martes 9 de febreiro ás 20:30 horas CINEFÓRUM SOBRE CICLOACTIVISMO coaproxección de WE ARE TRAFFIC! (1999), Ted White. VOSC.Dirección e producción: Ted White.Duración: 50 minutos.
En setembro do 92, tras un visionado de Return of the Scorcher (1992),un grupo activista da cidade de San Francisco toma do documental dopropio White o nome de Masa Crítica para a práctica de paseosciclistas mensuais na que comezaran a traballar pouco tempo antes. Aínda que tamén dea conta da rápida internacionalización do movemento político, WAT está centrada nesta experiencia californiana da que agroma un conxunto táctico que -con pequenas diferencias en cada localización singular- é o blandido en centos de cidades; unha zona autónoma temporal e festiva que circula resignificando as bicicletas e os espacios públicos baixo o dominio das políticas do todo para o coche privado. A máis, é en San Francisco onde se dá a máis disparatada intervención para controlar a Masa Crítica desde os poderes públicos, que titubean entre a disuasión e apatrimonialización, e que desencadeará os disturbios de xullo do 97.O cinefórum contará con intruducción a cargo dun activista local.
Mércores 10 de febreiro a partir das 20.30 horas PALESTRA: UNHA VISIÓN CRÍTICA DO TAV a cargo de Valdés.
Xoves 11 de febreiro ás 20.30 horas MESA REDONDA con COLECTIVOS GALEGOS CONTRA O AVE. A construcción da rede ferroviaria europea de alta velocidade conta coa oposición de diversos movementos sociais que están a organizar a resistencia a un proceso medioambiental e socialmente agresivo de reordenación do territorio i elitización do transporte ferroviario e da mobilidade en xeral.
Teremos oportunidade de coñecer as loitas galegas contra o AVE nunha mesa participada pola Asociación Cultural Lucerna, de Cerceda(http://asociacion-cultural-lucerna.espacioblog.com/), a Agrupaçom deMontanha Augas Limpas (http://aguaslimpas.blogspot.com/) e aAsociación de Afectados polo trazado do AVE A Coruña-Betanzos.
11 feb 2010
Concentración contra a cimeira dos ministros de transportes da unión europea na Coruña
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario