4 nov 2009

Comunicado dunha das 4 liberacións de visóns [4 de Novembro do 2009]


Reproducímos-vos, a continuación, o comunicado firmado por Fronte de Liberación Animal sobre as últimas liberacións de visóns realizadas aquí en Galiza, nova da que dimos conta neste blog, extraída dun medio de des-información como é El Correo Gallego. Desta vez damos conta da nova dende os seus propios protagonistas.
Extraído de klinamen.org

O 19 de outubro do 2009 fixemos unha rápida incursión nunha granxa de visóns na localidade de Abegondo (A Coruña). O obxectivo daquela noite era abrir a totalidade das gaiolas, dando unha oportunidade aos individuos alí encerrados de ser libres, unha oportunidade de escapar dunha morte segura tras toda unha breve vida confinados tras os barrotes.

Abrir as gaiolas que mantiñan encarcerados aos visóns, abrir as portas da granxa que separaban a eses individuos da liberdade, ese era o obxectivo principal. Ademais de buscar a ruína do granxeiro, facendolle perder o diñeiro obtido mediante o sangue dos animais.

Non quedou ningunha cela pechada, algo imposible cando entras nun campo de exterminio, ves como os presos óllanche tras as reixas e es consciente que un só xiro de pulso vailles a dar a liberdade.

Resulta que esa mesma noite foron atacadas outras 3 granxas de visóns, sendo aproximadamente 24.000 individuos os liberados ese día. Conclusión; un ataque demoledor a un dos piares da industria peleteira, a un dos piares do especismo. Outro piar; os consumidores que crean demanda de produtos de orixe animal.

Non vos imos a deixar durmir tranquilos. Paso a paso, golpe a golpe, ata que a última gaiola sexa destruída, ata que todos sexamos libres.


Ataca a industria da pel.
Fronte de Liberación Animal

[Extraido de www.accionvegana.org]

1 comentario: